– A Disposición Final Terceira do Real Decreto-Lei 1/2017, establece a habilitación para que o Goberno do Estado dite cantas disposicións sexan precisas para poder regular a existencia dun órgano de seguimento, control e avaliación das reclamacións efectuadas polas “Cláusulas Suelo”.
– A día de hoxe as entidades financeiras están a tramitar as reclamacións presentadas ao amparo deste Real Decreto-Lei 1/2017, pero pola contra inda non se fixeron os tramites precisos por parte do Goberno do Estado para crear o órgano de seguimento, control e avaliación das reclamacións efectuadas.
A sentenza do Tribunal Europeo que ven de anular o limite temporal da sentenza do ano 2013 do Tribunal Supremo polas cláusulas pouco transparentes que viña introducindo a banca nos prestamos hipotecarios, as denominadas»Cláusulas Suelo», xunto coa sentenza do Tribunal Supremo na que se declaran como abusiva a cláusula dos gastos da hipoteca, abre a porta a unha serie de reclamacións xudiciais por parte dos numerosos afectados, e que so no primeiro dos casos xa se estiman en preto de 4.200 millóns de Euros o importe a devolver polas entidades financeiras.
Pola súa banda o Consello de Ministros do pasado venres 20 de Xaneiro, a través do Real Decreto-Lei 1/2017, de medidas urxentes de protección de consumidores en materia de «cláusulas suelo» establece na Disposición Final Terceira, a habilitación para que o Goberno do Estado dite cantas disposicións sexan precisas para poder regular a existencia dun órgano de seguimento, control e avaliación das reclamacións efectuadas no ámbito de aplicación deste Real Decreto-Lei e o seu réxime xurídico. Este órgano, que deberá emitir un informe semestral sobre a súa actuación, contará coa participación de representantes dos consumidores e da avogacía. Este órgano de seguimento solicitará das entidades de crédito a información necesaria para constatar que a comunicación previa prevista neste Real Decreto-Lei realizouse, especialmente a persoas vulnerables.
A día de hoxe as entidades financeiras están a tramitar as reclamacións presentadas ao amparo deste Real Decreto-Lei 1/2017, pero pola contra inda non se fixeron os tramites precisos por parte do Goberno do Estado para crear o órgano de seguimento, control e avaliación das reclamacións efectuadas no ámbito de aplicación deste Real Decreto-Lei e o seu réxime xurídico. A vista de que varios veciños están recibindo contestacións por vía telefónica ou mesmo desistindo nalgúns casos ás reclamacións presentadas, alegando que os prestamos están vencidos ou mesmo que a incorporación das “cláusulas suelo” foron obxecto de negociación entre as partes incorporándose ao préstamo de forma clara e transparente.
Motivo polo cal, dende a Concellería de Facenda de Cambados entendemos que non se debe dilatar máis a creación deste órgano para impulsar unha correcta implantación do mecanismo extraxudicial de protección de consumidores en materia de «cláusulas suelo».
Por iso, Somos Cambados, solicita do Pleno da corporación municipal a adopción do seguinte:
ACORDO
1. Que o Concello de Cambados manteña a oficina de atención aos afectados polas cláusulas pouco transparentes que viña introducindo a banca nos prestamos hipotecarios, as denominadas»Cláusulas Suelo».
Instar á Xunta de Galiza a
1. Demandar do Goberno do Estado a regulación precisa para a creación do órgano de seguimento, control e avaliación das reclamacións efectuadas no ámbito de aplicación do Real Decreto-Lei 1/2017 e o seu réxime xurídico, segundo o disposto na Disposición Final Terceira.
2. Demandar do Goberno do Estado aprobar as reformas lexislativas necesarias de cara a promover correcta implantación do mecanismo extraxudicial de protección de consumidores en materia de «cláusulas suelo».