Doazóns

A TUA ACHEGA PARA FACER UN CONCELLO DE TODOS

SOMOS CAMBADOS naceu da cidadanía e para a cidadanía. Fomos construíndo un proxecto colectivo paso a paso, co traballo e saberes de multitude de persoas que investiron esforzos, tempo e ilusión. Primeiro para asentar os alicerces dunha estrutura participativa, amable, nova, aberta na que todas as persoas que quixeran atoparan un espazo para colaborar. Construímos día a día unha cooperativa política na que todas sumamos. Logo iniciamos as nosas primarias nas que os veciños de Cambados participaron co seu voto para conformar a candidatura que presentamos ás eleccións municipais do 24 de maio. Seguimos co proceso de estruturar o programa co que queremos mudar a realidade de Cambados. Estamos diante dunha oportunidade histórica para crear un novo concello, unha nova casa común transparente, suxeita ao control directo da cidadanía. Un concello asentado sobre a defensa do ben común, da res pública, cooperativo, igualitario e solidario.

En SOMOS CAMBADOS temos recollido no noso Código Ético a renuncia explícita aos créditos bancarios e ás doazóns de particulares que poidan coartar a independencia política da candidatura, apostando polo micromecenado finalista, o pequeno mecenado destinado a accións e necesidades concretas. É dicir, na vosa colaboración para financiarmos os gastos inherentes á constitución de Somos Cambados e ao desenvolvemento da súa actividade até a celebración das eleccións.

Podes facer una Donación na nosa conta no seguinte enlace, ou ben na conta de Caixa Rural Galega de Cambados IBAN ES4230700037136204201724:

 

En que gastaremos os cartos?

Actividades divulgativas e publicacións

Custo: 1.000 €

Aluguer de infraestruturas e equipamentos de campaña:

Custo : 500 €

 

Preguntas máis frecuentes

Quen pode facer unha doazón?

Só persoas físicas. Non aceptamos achegas de asociacións nin de empresas de ningún tipo.

Que cantidade se pode doar?

De 10 € a 100 €, a cantidade que consideres

Por que pedides o nome e o DNI?

A Lei de Financiamento de Partidos Políticos esixe identificar a toda persoa que achegue cartos para evitar a opacidade e finanzamentos fraudulentos

Como poderemos saber onde gastades os cartos?

Somos Cambados manterá actualizada na súa web as contas do que vamos gastando xunto cos xustificantes dos gastos.

Teño unha dúbida, onde podo preguntar?

Podes escribirnos para resolver calquera cuestión a: info@somoscambados.org.