Transparencia

Transparencia, independencia financeira, responsabilidade e eficiencia.

Transparencia

En Somos Cambados entendemos que a transparencia é fundamental para fomentar a participación e xerar confianza no proceso. Do mesmo xeito que poñemos un gran esforzo en comunicar “o que facemos” debemos transmitir claramente “cómo o facemos” e “con que o facemos”.
Baseamos a xestión financeira de Somos Cambados nos principios de transparencia e rendición de contas, de tal forma que esta información se presentará de forma clara e accesible:

Publicarase regularmente o balance de ingresos e gastos especificando claramente a as fontes de financiamento e o destino dos fondos.
Publicación, no seu caso, de extractos bancarios, respectando a lexislación vixente en canto a protección de datos dos donantes.
Publicación do detalle de cada un dos gastos realizados.
Presentarase unha relación de ingresos e gastos por cada proxecto e/ou actividade

Independencia financeira

A liberdade de decisión e actuación veñen da man da autonomía. Por iso o obxectivo de Somos Cambados é a autoxestión e contar coa implicación das persoas para sustentar o proceso que permita a independencia financeira.

Non imos aceptar o endebedamento coa banca pero tampouco grandes doazóns de persoas e/ou empresas que poidan condicionar o noso discurso e hipotecar as nosas propostas. É importante unha xestión económica equilibrada.

Responsabilidade e eficiencia

Os orzamentos elaboraranse baixo o principio da economía e a eficiencia, evitando o despilfarro e optimizando os recursos que se están investindo neste proxecto.

É importante ter en conta a diversidade das persoas á hora de definir os orzamentos de actividades/proxectos. (accesibilidade, linguaxe signos, coidadoras…)

Establécese o compromiso de traballar coa banca ética, na medida das posibilidades, en todo caso sempre se atenderá aos principios básicos de Somos Cambados para elixir a entidade financeira coa que traballar.