Quen somos?
Somos Cambados nace da man dun grupo de xente ós que nos preocupa o que pasa na nosa vila, que queremos que Cambados sexa un lugar onde poder vivir, onde todas e todas poidamos participar activamente, renovando as institucións e rexenerando a política.
Cando?
No verán de 2014 Somos Maioría comezou a recollida de sinaturas do seu manifesto. A finais de ano comezamos o proxecto a nivel local, coa intención de conformar un programa electoral e unha candidatura para as eleccións municipais de maio de 2015.
Onde?
Somos Maioría é unha plataforma cidadá a nivel galego, que nace coa intención de formar candidaturas cidadás nas vilas. Dende Cambados, queremos facer politica por, para e cos veciños e veciñas de Cambados. .
Qué?
O noso proxecto ten como base o contacto directo cos veciños e veciñas. Utilizando as ferramentas que nos da internet e as redes sociais, intentamos darnos a coñecer, para que todos os interesados se acheguen a nos. Temos que perderlle o medo a política, temos que conseguir que este ao servizo dos cidadáns e cidadás e non que sexa o territorio de aqueles que só queren aproveitarse dela. A transparencia ten que ser a nosa sinal de identidade.
Por qué?
Estamos fartos de ver como os nosos representantes están máis preocupados de ocupar o seu sillón e beneficiarse a si mesmos que de gobernar e mellorar a nosa vila. Cremos que o cambio ten que vir dende a base, é dicir, dende os veciños e veciñas, que merecen participar activamente na toma de decisións que afectan a Cambados.
Cómo?
A través das nosas asambleas, das reunións periódicas con sectores e veciños, queremos recoller o malestar, as ideas e reivindicacións de todos e todas os interesados en participar, de aqueles que queren que Cambados mellore, vaia cara adiante de maneira que todos e todas poidamos vivir nunha vila prospera e con futuro.