Dende Somos Cambados convidamos aos nosos asinantes, simpatizantes e a todos os veciños e veciñas a participar na Asamblea para traballar xuntos nun programa electoral real e participativo nas vindeiras eleccións municipais, e que celebraremos o vindeiro Venres 27 de Marzo, as 20:00 no salón de actos de Exposalnes, no Paseo da Calzada.
Dende Somos Cambados pensamos que os veciños e veciñas de Cambados temos que decidir por nos mesmos, onde e como temos que dotar a Cambados das medidas precisas para poder afrontar esta situación tan dura que estamos a vivir, con unha de cada tres persoas atopándose o borde de risco de exclusión social, onde o desemprego repunta na nosa comarca, e cun preocupante aumento ano tras ano da emigración. Entendemos que hai que propoñer medidas para evitar esta situación, e que entre a suma de todos poidamos saír adiante, polo que consideramos que o programa ten que ser realizado na súa totalidade polos propios veciños que sofren nas súas carnes a situación na que nos atopamos.
Entendemos que de nada serve propoñer medidas nun programa electoral e plasmalas nel, e que logo nos atopemos con que non hai suficientes fondos para realizalas, como ven sendo habitual lexislatura tras lexistura, polo que entendemos que o noso Programa electoral e de tódolos veciños e veciñas de Cambados, ademais de ser participativo ten que ser real. Motivo polo cal fixemos unha análise previa non so dos últimos Orzamentos de Cambados, se non tamén do resto de concellos da comarca do Salnés, e que facemos publico tanto na nosa paxina web coma nas redes sociais, para que cada un de nos saque as súas propias conclusións, e decidir entre todos, onde se pode aforrar cartos públicos e tamén onde se ten que aumentar a dotación orzamentaria, para que poidamos ter un programa electoral adaptado non so a realidade da situación que estamos a vivir, se non que tamén adaptado a situación financeira do noso concello e tamén a da nosa comarca.
Neste informe pódese ver como o Concello de Cambados destina partida por partida os 8.518.082,25 € de orzamento nas distintas areas de gasto, ademais de comparalas non so o importe total que realiza en cada area co importe total que realizan en cada concello da comarca do Salnés, se non tamén cal e o custe por habitante en cada area de gasto, e polo tanto cales son as prioridades que existen actualmente en Cambados, e ademais, nos permite comprobar onde nos atopamos por riba ou por debaixo da media da comarca, e polo tanto onde debemos aumentar ou diminuír os recursos públicos destinados a cada area.
Tamén se fai un análise interno das distintas areas de gasto, e no que chama a atención que en todas e cada unha delas, agás a da débeda pública, a principal fonte de gasto sexan os custes laborais, chagando nalgún caso a supoñer a metade do investimento realizado; ou casos como o apartado de festas populares e festexos cun importe de 367.532,44 euros, ou o dos Órganos de Goberno, que ascenden a cantidade de 228.038,08 euros aos Cambadeses, polo que nunha lexislatura estariamos roldando o millón de euros, ou o elevado custe en Enerxía Eléctrica ou Telecomunicacións, pola contra atopámonos co concello que menos inverte por habitante na area de Actuacións de carácter Económico, onde a inversión apenas chega os 6 euros por habitante e ademais de que nesta area o 44% do invertido se destine a custos laborais.
Polo que dende Somos Cambados animamos aos veciños a participar o vindeiro Venres nesta Asamblea onde entre todos os participantes na mesma estableceremos un guión do noso Programa Electoral, que ante todo cremos que debe ser sobre todo real e participativo, tendo en conta na situación na que nos atopamos pero defendendo os dereitos da maioría social.
Todos estes datos foron recollidos da web do Ministerio de Facenda, ningún dos datos foi facilitado polo concello de Cambados
[scribd id=259920922 key=key-R2r28jsn7kowwXWTAUfa mode=scroll]