Programa de goberno

Unha vila con grandes oportunidades para o crecemento económico

  • Unha situación xeográfica privilexiada.
  • No centro da ría máis produtiva de Galicia.
  • Principal enclave da maior comarca vitivinícola de Galicia.
  • Un sector servizos en constante modernización.
  • Unha xuventude preparada, creativa e innovadora.

A realidade económica e social: Consecuencias dunha pésima xestión municipal  

RESULTADOS DO GOBERNO DE ARAGUNDE 2011-15:

  • Desempregados: de 1.105 a 1.574. Incremento do paro nun 42 %
  • A nosa taxa de paro (26,93 %) supera a taxa provincial, galega e española.
  • Descenso de poboación: 547 habitantes menos (de 13.946 a 13.399), a pesar do saldo vexetativo positivo (rexistráronse máis nacementos que defuncións).
  • Solicitantes de axudas alimentarias e produtos de primeira necesidade: de 350 (ano 2011) a 498 (2014). Incremento do 42 %.
  • Máis do 60 % das familias cambadesas teñen serias dificultades para chegar a fin de mes.
  • Desde que goberna Aragunde, máis de 500 xóvenes de Cambados tiveron que emigrar en busca de traballo.

Ante a contundencia destes datos, CAL É O GASTO DO PP EN ATENCIÓN SOCIAL E PROMOCIÓN ECONÓMICA?

Gasto en Atención Social: Cambados dedica 52,24 € por habitante fronte aos  140 € de Sanxenxo ou os 130 € de Vilagarcía e Meaño. Cambados dedica menos da metade que a media de concellos do Salnés a axudar ás persoas que máis sufren a crise.

Gastos en Promoción Económica: Cambados gasta 6,32 € por habitante, 10 veces menos que Meis ou O Grove. Cambados dedica 4 veces menos que a media dos concellos do Salnés.

Pola contra, Aragunde gastou no xantar do Albariño 30.000 € en invitar aos seus amigos do PP, mentres destinou só 7.000 € para becas ao estudio e 10.600 € para alimentos das familias sen recursos. Máis de 300 familias non poideron optar ás axudas para material escolar por falta de presuposto municipal.

 As nosas prioridades: axudar ás persoas, crear emprego e xestionar con honradez promovendo a participación e a igualdade de oportunidades

PROGRAMA DE GOBERNO SOMOS CAMBADOS
[scribd id=265306892 key=key-AQZ87IotS0jfHv7fapve mode=scroll]