Documentos e novas

SOMOS CAMBADOS REXEITA A CONVOCATORIA DA ASOCIACIÓN RUTA DO VIÑO RÍAS BAIXAS EN PONTEVEDRA E VOLVE RECLAMAR O TRASLADO DA SEDE DO CONSELLO REGULADOR DA D.O. A CAMBADOS

Somos Cambados lembra que o traslado da Sede da Denominación de Orixe foi apoiada por todos os concellos e grupos políticos da comarca na Mancomunidade do Salnés.

A Asemblea Xeral Ordinaria, que normalmente se celebraba ata o de agora en Cambados, está convocada para o xoves 27 en Pontevedra.

Tino Cordal, portavoz de Somos Cambados, expresou hoxe o seu malestar pola convocatoria da reunión da asemblea xeral ordinaria da Asociación Ruta do Viño Rías Baixas en Pontevedra para este xoves 27 de xaneiro. Somos Cambados rexeita a convocatoria desta asemblea en Pontevedra cando a sede da Asociación Ruta do Viño Rías Baixas está en Cambados, na rúa do Príncipe nº 10, no baixo do Pazo de Torrado, local que foi acondicionado polo Concello de Cambados para o traballo administrativo e a atención ao público da devandita asociación. Se precisaran outro local maior por cuestión de aforo, poderían facer a asemblea na Casa da Calzada (Exposalnés), no Museo do Viño ou no Auditorio Municipal da Xuventude, por citar tres posibles espazos para esa reunión.

Seguir leyendo «SOMOS CAMBADOS REXEITA A CONVOCATORIA DA ASOCIACIÓN RUTA DO VIÑO RÍAS BAIXAS EN PONTEVEDRA E VOLVE RECLAMAR O TRASLADO DA SEDE DO CONSELLO REGULADOR DA D.O. A CAMBADOS»

SOMOS CAMBADOS LEVA A PLENO UNHA MOCION EN APOIO E VISVILIDADE DO COLECTIVO DAS PERSOAS TRANS

MOCIÓN
O Grupo municipal de Somos Cambados quere mostrar o seu apoio ao colectivo de persoas trans dándolle visibilidade, xa que é imposible axudar a quen non recoñece que necesita axuda, sexa unha persoa ou un conxunto delas. No estado a nosa Constitución no seu Título I, artigo 14 establécese que “os españois son iguais ante a Lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social” e o Artigo 9.2: “ Corresponde aos poderes públicos promover as condicións para a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas; remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os cidadáns na vida política, económica, cultural e social”.

Seguir leyendo «SOMOS CAMBADOS LEVA A PLENO UNHA MOCION EN APOIO E VISVILIDADE DO COLECTIVO DAS PERSOAS TRANS»

SOMOS CAMBADOS SOLICITA QUE AS CONTAS DA XUNTA INCLUAN O DESDOBRAMENTO DA VIA DE ALTA CAPACIDADE CON VILAGARCIA E O ENLACE COA AUTOVIA

Os edís de Somos Cambados reuníronse co voceiro de En Marea, Luis Villares, ao que lle trasladaron as demandas do Grupo Municipal nos Orzamentos da Xunta, que consideran insuficientes para cubrir as necesidades da vila.

Os Orzamentos que se atopan no período de tramitación da Xunta de Galicia para o exercicio 2020 no Parlamento de Galicia, apenas traen inversións para o Concello de Cambados, e os que se inclúen son insuficientes para cubrir as necesidades da nosa vila. A esta conclusión chegaron os edís do grupo municipal de Somos Cambados despois de reunirse co voceiro de En Marea, Luis Villares, e estudar o documento que se esta a debater no parlamento de Galicia, e analizar polo miúdo os investimentos que se inclúen nos orzamentos da Xunta previstos para Cambados.

Dende Somos Cambados, considéranse insuficientes as inversións previstas na comarca do Salnés, e no Concello de Cambados nestes orzamentos da Xunta de Galicia, xa que non se inclúen, entre outras, inversións tan precisas como o desdobramento das vías de alta capacidade que conectan Cambados con Vilagarcía de Arousa (VG-4.3) e o enlace coa Autovía do Salnés (VG-4.2). Xa que se tratan de vías de titularidade autonómica e que están a sufrir acotío accidentes de importante gravidade con choques frontais con feridos e incluso mortos, e que por parte da Xunta de Galicia non se toma ningunha solución. Dende Somos Cambados non entendemos como a Xunta de Galicia pretende obrigar aos veciños do Riveiro en Corvillón a que tomen un desvío de case un quilometro e medio para poder saír das súas casas, cando segundo o informe da obra só se produciron unicamente dous accidentes leves dende o 2012 nese cruce, e pola contra vemos como cada pouco tempo hai un accidente moi grave nas vías de alta capacidade que unen Cambados con Vilagarcía de Arousa ou coa Autovía do Salnés e o Partido Popular pola contra non fai nada.

Dende Somos Cambados tamén se van demandar que as contas para o 2020 da Xunta de Galicia inclúan o mantemento do Centro de Saúde de Cambados, así como o incremento de persoal facultativo, ademais que se aumente o financiamento para que se atendan as demandas que dende o Concello de Cambados se lle trasladou a Xunta de Galicia en materia de Transporte Público.

Outra das demandas dos edís do Grupo municipal de Somos Cambados nas contas autonómicas son o incremento por parte da Xunta de Galicia nos investimentos nos centros de educación primaria e infantil do Concello de Cambados. A Xunta de Galicia ten que aumentar o investimento nestes centros que teñen mais de 30 anos, ampliando a Gardería Municipal para aumentar o número de prazas, ademais de que a Xunta de Galicia debe dar as solucións precisas para mellorar os centros públicos de Cambados: o peche exterior e o ximnasio do CEIP Enrique Barreiro Piñeiro de Vilariño; arranxar o muro exterior e as deficiencias do pavillón do CEIP de Castrelo; ampliar espazo cuberto, mellorar as pistas deportivas e o muro do peche exterior no CEIP de Corvillón; mellorar o patio exterior, os baños adaptados e un novo valo de peche do recinto Escola de Educación Infantil A Pastora; Dotar de comedor escolar o colexio publico de Santome e que se dote de contido o espazo que van deixar unha vez se realice a demolición das antigas casas dos mestres no CEIP Antonio Magariños.

Investimentos Insuficientes no Saneamento

Por outra banda, dende o Grupo Municipal de Somos Cambados consideran insuficientes os 650.000 euros proxectados investir por Augas de Galicia no Saneamento en Cambados, xa que están pendentes de executar no Plan de Saneamento do Concello de Cambados de Augas de Galicia as Solucións 4 e 5, de optimización da rede de saneamento coa construción de novos colectores e redes separativas de pluviais e fecais e a reparación das bombas existentes. Xa que segundo recoñece a propia Xunta de Galicia no documento de mellora do sistema do saneamento do Concello de Cambados, a EDAR do Facho presenta numerosos problemas e verteduras ao medio, existen numerosos tramos de rede unitaria de fecais e pluviais no Concello de Cambados, tanto na zona urbana coma nas parroquias, e mesmo un dos colectores no centro de Cambados verte directamente ao medio sen tratamento, algo moi grave para o futuro da nosa vila xa que se trata de zonas onde existen bancos marisqueiros.

Polo que, dende Somos Cambados entendemos que os investimentos que reflexan as contas autonómicas para o Concello de Cambados no vindeiro exercicio 2020 son insuficientes e non cobren as necesidades do noso pobo, motivo polo que se van a trasladar todas estas demandas no Parlamento de Galicia durante a tramitación dos Orzamentos da Xunta de Galicia para o exercicio 2020.

SOMOS CAMBADOS APELA AO DIÁLOGO PARA ACADAR UN GOBERNO DE ESQUERDAS


  • A seis días do Pleno de Investidura, non recibimos ningún contacto por parte do PSOE para comezar as reunións.
  • O respecto e o diálogo son cualidades necesarias na política.

Dende a mesma noite electoral, Somos Cambados púxose en contacto coa candidata do PSOE para expresarlle os seus parabéns e amosarlle a súa vontade de chegar a un pacto de goberno que facilitara a súa investidura. A asemblea de Somos Cambados acordou este posicionamento por unanimidade. Pero, pasadas dúas semanas dende o 26 de maio, non recibimos ningunha resposta ao noso ofrecemento.

O resultado das eleccións municipais foi ben claro: 4 concelleir@s para o PSOE, 3 para Somos Cambados e 2 para o BNG. Xa que logo, é preciso un pacto de goberno das tres forzas políticas de esquerdas para que Cambados teña un goberno estable.

Dende Somos Cambados non entendemos porque se está a adiar tanto a celebración de reunións que favorezan ese pacto. Utilizouse primeiro como escusa que o escrutinio non era definitivo e agora que hai unha xunta de goberno e un pleno extraordinario que van durar apenas uns minutos.

Presentarse a unha investidura sen ter os apoios suficientes sería unha irresponsabilidade. Para Somos Cambados non tería sentido investir á candidata socialista se non se compromete previamente a formar goberno con todalas forzas implicadas. Somos Cambados non dá cheques en branco. Xa que logo, se non hai un acordo de goberno asinado non avalaremos a súa investidura.

Somos Cambados amosa a súa confianza en poder acadar un acordo e queremos lembrar que é unha obriga de calquera alcaldable que se postule reunir os votos suficientes para que prospere a súa candidatura.

Hai que facer as cousas con rigor político. Temos tempo para chegar a un acordo senón se adía máis o inicio das reunións e existe verdadeira vontade de acadar un pacto de goberno.

A ASAMBLEA DE SOMOS CAMBADOS TRALAS ELECCIÓNS DO 26 DE MAIO

A asamblea de Somos Cambados, reunida para avaliar a situación política na nosa vila tralas eleccións municipais celebradas o 26 de maio, acorda, por UNANIMIDADE dos 43 membros participantes nesta asamblea:

1º.- Agradecer aos veciños e veciñas de Cambados o apoio recibido e valorar moi positivamente o resultado electoral de Somos Cambados, ao incrementar nun 50 % a nosa representación no concello e situarnos como a segunda forza politica no conxunto do voto urbano.

2º.- Instar a PSOE e BNG a aproveitar a oportunidade histórica que ofrecen os resultados destas eleccións municipais, nos que por primeira vez desde o ano 1983 as candidaturas progresistas cambadesas acadan a maioría absoluta, e emprazar a estas forzas políticas a sentarse a negociar canto antes a formación dun goberno municipal forte e estable, que sexa o reflexo da vontade dos nosos veciños e veciñas expresada nas urnas o pasado 26 de maio.

3º.- Instar ás demais forzas progresistas a non utilizar os intereses de Cambados como moeda de cambio doutras negociacións en instancias municipais, provinciais ou autonómicas; nin supeditar a formación do goberno municipal de Cambados a intereses partidistas sobre cálculos dunha futura rendabilidade electoral. Somos Cambados ten claro que a formación dun goberno municipal debe estar guiada única e exclusivamente polos intereses dos veciños e veciñas de Cambados.

4º.- Acordar que a única e irrenunciable esixencia de Somos Cambados para votar favorablemente a investidura da candidata da forza progresista con maior representación no Pleno municipal será a existencia dun Pacto de Goberno pechado e asinado.

Cambados, 31 de maio de 2019.