O sistema de elección da persoa que encabece a candidatura de SOMOS CAMBADOS ás vindeiras eleccións municipais do ano 2019 en Cambados será o de primarias abertas a cidadanía. A persoa que encabece a candidatura na localidade será a proposta de SOMOS CAMBADOS a ser alcalde ou alcaldesa.
Condición de elixible.
Poderán ser candidatos a encabezar as listas de SOMOS CAMBADOS as vindeiras eleccións municipais do 2019 todas aquelas persoas maiores de 18 anos que teñan a condición de electores de acordo co establecido no artigo 2 deste Regulamento e que asinen o codigo Etico de Somos Cambados.
Procedemento.
A partires do 28 de setembro poderanse presentar as candidaturas a SOMOS CAMBADOS. A Comisión Electoral tamén comunicará aos simpatizantes de SOMOS CAMBADOS o prazo no que se poden presentar candidaturas. Na medida do posible, a Comisión Electoral deberá facer público e dar a coñecer á cidadanía do Concello que se abre o proceso de primarias e a data, a partir da cal, calquera persoa que teña a condición de elixible, poderá presentar a súa candidatura.
A presentación da candidatura farase preferentemente a través da web Somos Cambados, e das páxinas de FB. Tamén se poderá presentar candidaturas mediante correo electrónico dirixido a primariassomoscambados@gmail.com
O prazo para presentación de candidaturas será ata o 31 de outubro de 2018. Transcorrida este prazo daranse a coñecer, nos 3 días hábiles seguintes, a través da web e das páxinas correspondentes de FB, as persoas que, cumprindo co establecido no artigo 3 deste regulamento, presentaran a súa candidatura a encabezar a listaxe de SOMOS CAMBADOS.
Tras coñecer as candidaturas presentadas a Comisión Electoral fixará, as datas na que os candidatos poderán facer campaña, así como a data e o lugar no que se van a celebrar as primarias abertas a cidadanía. O día no que se celebre a votación terá que ser o inmediatamente posterior ao que remate a campaña dos candidatos. A Comisión Electoral procurara que o día da votación coincida en fin de semana ou nas datas nas que a meirande parte dos electores se poidan achegar a votar. A Comisión Electoral deberá de procurar que o lugar onde se vaian a celebrar as votacións sexa coñecido no municipio e de fácil acceso.