Candidatura 2019

Somos Cambados presentou a súa candidatura co obxectivo de conseguir a alcaldía.

O traballo dos concelleiros de Somos Cambados é a nosa mellor carta de presentación ante a cidadanía cambadesa. Somos Cambados presenta un equipo formado por 27 homes e mulleres de todos os núcleos de poboación e representativa de cada un dos sectores económicos e sociais de Cambados. Máis da metade dos candidatos non figuraban na lista de 2015.

Somos Cambados presenta unha lista con xente comprometida en diversas asociacións e entidades, e con capacidade e formación para formar un equipo de goberno sólido e competente.

img_4110


1.- Tino Cordal Rodríguez. Natural de Fefiñáns e veciño de Oubiña. Tenente de Alcalde e responsable das áreas de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade no goberno municipal. Doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense, Master en Administración Pública pola Universidade de Lovaina (Bélxica), e Profesor de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo.

2.- Xurxo Charlín Trigo. Veciño de Cambados. Concelleiro de Economía e Facenda. Empresario e titulado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Vigo, Perito Mercantil, Asesor Fiscal e Contable, Colexiado Nº 1.298 do Colexio de Economistas de Pontevedra e Colexiado Nº 1.891 do Colexio Oficial de Titulados Mercantis e Empresariais de Vigo.

3.- Carolina Aragunde Laya. Natural de Vilariño e veciña de Corvillón. Licenciada en Xornalismo e empresaria. Traballou durante 5 anos no Reino Unido en diferentes empresas do ámbito da comunicación, as ventas e a comercialización dixital, alcanzado os postos de Marketing Manager e PPC Executive. Nestes postos de dirección xestionou importantes presupostos, ademais de exercer de formadora de distintas áreas empresariais. De volta a Cambados, fundou a súa propia empresa desde a que traballa para importantes firmas de Estados Unidos, Alemania, Inglaterra ou Francia.

4.- Fernando Patricio Rey. Natural de Castrelo. Axente inmobiliario. Directivo dunha cooperativa vitivinícola e presidente do Club de Atletismo Cambados.

5.- Noelia Gómez Fabello. Veciña de Cambados. Presidenta e adestradora do Club INNAE Cambados de Taekwondo. Árbitro nacional de Taekwondo. Representante dos árbitros na Federación Galega de Taekwondo. Organizadora de competicións deportivas, entre elas o recentemente celebrado Campionato Provincial de Taekwondo para escolares, que congregou en Cambados a 250 familias.

6.- Teresa Piñeiro Morrazo. Natural de Corvillón e veciña de Fefiñáns. Mariscadora. Representante das mariscadoras na Confraría de pescadores de Cambados e membro do Cabildo. Fundadora da Asociación Feminista “A Naiciña”.

7.- Antón Cordal Barreiro. Veciño de Cambados. Director administrativo dunha empresa depuradora de moluscos de Castrelo.

8.- Silvia Vozza Chazo. Veciña de Corvillón. Técnica en atencion sociosanitaria a domicilio e especialista no coidado de persoas dependentes e maiores.

9.- Inma Castro González. Natural de Vilariño. Licenciada en Filoloxía e profesora do IES F.Asorey.

10.- Manuel Fariña González. Veciño de Cambados. Licenciado en Ciencias Políticas e Diplomado en Maxisterio. Profesor de Educación Primaria. Colaborador do fútbol base do Club Juventud Cambados, xogador de fútbol veterano e membro de varias asociacións culturais e deportivas.

11.- Antón Sineiro Fernández. Veciño de Corvillón. Xubilado. Expresidente da Asociación de Taxistas de Cambados.

12.- Mabel Falcón Dosío. Veciña de Vilariño. Licenciada en Tradución e Interpretación. Diplomada en Turismo. Técnica en Comercio exterior. Profesora de idiomas, tradutora e intérprete.

13.- Lledó Ambrós Fernández. Veciña de Cambados. Estudante de Administración e Dirección de Empresas.

14.- Rosa María Agra Aragunde. Veciña de Corvillon. Traballadora de limpeza doméstica e Catequista da Parroquia de Corvillón.

15.- Gabriel Sineiro Chazo. Veciño de Cambados. Traballador de empresa de alimentación e membro do Comité de empresa en representación dos traballadores. Adestrador do fútbol base do C.J. Cambados.

16.- Javier Piñeiro Escudeiro. Veciño de Cambados. Técnico municipal. Licenciado en Ciencias Políticas e diplomado en Traballo Social. Formación de postgrado en Desenvolvemento Local, Marketing e Promoción Turística, Consultoría de Empresas, e Financiación Comunitaria.

17.- Maribel Iglesias Baldonedo. Veciña de San Tomé. Licenciada e Doutora en Xeografía e Historia. Profesora do IES F.Asorey. Autora de obras históricas e biograficas sobre Cambados, Ramón Cabanillas ou Francisco Asorei. Premio Ramón Cabanillas.

18.- Esther Castro Trigo. Natual de Cambados. Licenciada en Historia da Arte. Diplomada en restauración de Pintura.

19.- Marcos Daporta González.Veciño de Cambados. Estudante.

20.- Ana Pintado Costa. Veciña de Cambados. Traballadora da limpeza e mantemento. Xogadora de fútbol federada.

21.- Carlos Fernández Meis. Veciño de Castrelo. Traballador da construción e socio de cooperativa vitivinícola.

22.- Esther Alfonsín Oubiña. VECIÑA DE Corvillón. Traballadora da Cofradía de Pescadores de Cambados.

23.- Rubén Casais Barral. Veciño de Cambados. Mariñeiro.

24.- Carmen Pereira Costa. Veciña de Castrelo. Licenciada en Historia da Arte e Administradora de Axencia de Viaxes.

25.- Fernando Fernández Becerra. Natural de Barcelona e veciño de Fefiñáns. Operario de lóxística.

26.- Susana González Chaves. Natural de San Tomé. Empregada de liñas aéreas. Diplomada en Empresariais.

27.- Xan Galbán Galiñanes. Natural de Fefiñáns. Cociñeiro e empresario de hostalería. Colaborador de publicacións relacionadas co turismo e a gastronomía.