Continuan os encontros cos veciños na parroquia de Corvillón con moi boa acollida, trasladándolles as nosas propostas e escoitando de primeira man as súas demandas, e dando conta da xestión realizada estes anos.
Ademais, e grazas á liquidación da totalidade da débeda municipal, realizaremos unha revisión da rede de sumidoiros e alcantarillado no Rio da Ucha para evitar anegamentos nas épocas de choiva, como o desdobramento das pluviais e fecais na Rúa Carreira con novas beirarrúas para evitar verquidos no Saco de Fefiñáns, remodelaremos o Parque da Seca de Corvillón dotando dunha pista multideportiva, ampliar as beirarrúas da Avenida de Vilagarcía para facelas máis accesibles e continuar co despregamento de Fibra Óptica, xa conseguimos pasar dun 40% a un 75% de cobertura da Fibra óptica en todo Cambados, e nos próximos 4 anos chegaremos ao 100%.
Vamos construír un carril bici seguro, diferenciado do tráfico de coches e dos peóns, aproveitando tramos do xa existente no paseo que vai dende o muíño da Seca ata San Tomé pero completándoo e dando continuidade e seguridade. Deste xeito estará conectado todo o centro urbano dende Fefiñáns- Corvillón ata San Tomé. A partir deste eixe principal iranse facilitando as conexións con outros puntos, como poden ser os dous institutos de secundaria. E tamén pode resultar doado conectar San Tomé, ponte de Castrelo e paseo que pola beiramar que chega ata as telleiras de Castrelo. Ou polo norte conectar Tragove coas praias de San Miguel de Deiro.
Instalaranse cámaras de vídeo vixilancia en todos os accesos a Cambados para controlar o tráfico: rotondas de Vilariño, Corvillón, Castrelo, así como en varios lugares do centro.
Somos Cambados continuará os encontros veciñais en Cambados o vindeiro domingo 21 de maio ás 20.30h no Paseo da Calzada.
