CANDIDATURA SOMOS CAMBADOS 2023

Somos Cambados presentou a súa lista para as eleccións municipais o sábado 22 de abril ás 19:00 horas na Casa da Calzada (“Exposalnés”). A lista baséase no grupo de traballo que se consolidou dende a formación da plataforma, agora xa constituída como partido político, alá polo 2015.

A lista sigue liderada por Tino Cordal e mantén nos primeiros postos o equipo que estivo levando o peso da xestión do Concello nos últimos 4 anos, unindo á mesma persoas de distintos sectores da vila.

Así, a lista de Somos Cambados será a seguinte:

1.- Tino Cordal Rodríguez. actual Tenente de Alcalde, Doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e Profesor de Ciencias Políticas e da Administración na UVIGO.

2.- Noelia Gómez Fabello: Presidenta e Adestradora do club INNAE e árbitro nacional de Taekwondo. Repite na lista.

3.- Xurxo Charlín Trigo: actual Concelleiro de Economía e Facenda, Titulado en Ciencias Empresariais e Perito mercantil, Asesor fiscal e contable.

4.- Lledó Ambrós Fernández: Graduada en Administración e Dirección de Empresas e Especialista en Marketing Dixital. Repite na lista.

5.- Fernando Patricio Rei: actual Concelleiro de Somos Cambados, Axente inmobiliario e Directivo dunha cooperativa vitivinícola.

6.- Mª Eugenia Fernández Charlín: veciña de Cambados e Peixeira de profesión. Novidade na lista.

7.-Manuel Fariña González: Licenciado en Ciencias Políticas, Diplomado en Maxisterio e Mestre de Educación Primaria. Repite na lista.

8.- Rosa Mª Agra Aragunde: veciña de Corvillón e Traballadora do Fogar. Repite na lista

9.- Antón Cordal Barreiro: veciño de Castrelo e Director Administrativo dunha depuradora de mariscos. Repite na lista.

10.- Oristila Sanisidro Charlín: veciña de Cambados e Mariscadora. Novidade na lista.

11.- Carlos Fernández Meis: veciño de Castrelo e Mariscador. Repite na lista.

12.- Josefa Cacabelos Castro: veciña de Cambados e Condutora de vehículos pesados. Novidade na lista.

13.- Xaquín Charlín Piñeiro: Licenciado en Pedagoxía e Responsable de Recursos Humanos. Novidade na lista.

14.- Ernestina Piñeiro Santorun: Veciña dos Olmos e Mariscadora. Novidade na lista.

15.- Benito González Leiro: veciño de Triana, Patrón de Pesca e Adestrador de Fútbol Base. Novidade na lista.

16.- Mabel Falcón Dosío: Técnica de comercio exterior, Licenciada en Turismo e Profesora de idiomas, traductora e interprete. Repite na lista.

17.- Xan Manuel Galbán Galiñanes: veciño de Triana, Cociñeiro e Empresario Hosteleiro. Repite na lista.

18.- Ana Pintado Costa: Empresaria de Hostelería, Traballadora de limpeza e mantemento. Repite na lista.

19.- Armando Cacabelos Fernández: veciño de Castrelo e Pensionista. Novidade na lista.

20.- María Rita Mosteiro Morgade: Auxiliar de enfermería e Realizadora de audiovisuais. Novidade na lista.

21.- Santiago Fernández González: veciño da Cabana e Mariscador. Novidade na lista.

22.- Julia Martínez Nieto: veciña de Cambados e Traballadora Social. Novidade na lista.

23.- Francisco Javier Rial Barreiro: veciño de Cambados e Enxeñeiro Agrícola. Novidade na lista.

24.- Esther Alfonsín Oubiña: veciña de Corvillón e Traballadora da Cofradía de Pescadores San Antonio de Cambados. Repite na lista.

25.- Benito Falcón Oliveira: veciño de San Tomé e Mecánico Electricista. Novidade na lista.

26.- Maribel iglesias Baldonedo: Licenciada en Xeografía e Historia e Profesora no Instituto Asorey. Repite na lista.

27.- Fernando Piñeiro Pazos: veciño de Cambados e Licenciado en Filoloxía Inglesa. Novidade na lista.

Ademais o equipo de Somos ven de presentar estes días a súa primeira proposta para estas eleccións que será a creación de un aparcamento subterráneo na praza da Mercé.

Somos Cambados presentase así, como un equipo maduro, con experiencia de xestión e compromiso con un proxecto de Vila que está consolidado no panorama político cambadés.