ASAMBLEA ABERTA DE SOMOS CAMBADOS

SOMOS CAMBADOS reúne a súa asemblea este sábado 25 de Marzo no Salón de Actos de ExpoSalnés a partir das 12:00 horas.

A asemblea comezará coas intervencións dos concelleiros Tino Cordal e Xurxo Charlín que darán conta do traballo realizado no Concello nos últimos meses. Posteriormente, expoñerase publicamente os pasos dados para presentarse nas vindeiras eleccións municipais, e expoñeranse o documento para o seu debate entre os asistentes, así como se tera en conta as propostas da Asemblea para trasladar o Grupo municipal de Somos Cambados.

No seguinte punto da orde do día da asemblea de SOMOS CAMBADOS é o relativo preparación da Campaña Electoral e a forma para financiar a Campaña electoral das municipais, cabe lembrar que Somos Cambados non se financia a través de ningunha entidade financeira e que fixo públicas as contas da campaña electoral, sendo o único partido que fixo publica as contas da campaña electoral das pasadas eleccións municipais en Cambados.