
Este sábado, ás 20:30 horas no colexio público de Corvillón, a formación liderada por Tino Cordal iniciará o que vai ser unha campaña electoral moi intensa. Neste primeiro acto intervirán, ademais do candidato á alcaldía por Somos Cambados, Tino Cordal, o concelleiro de Economía, Xurxo Charlín, a número 3 da candidatura e veciña de Corvillón, Carolina Laya, e dous dos candidatos desta parroquia: Antón Sineiro e Rosa María Agra.
Ademáis dos dous concelleiros de Somos Cambados, no encontro de Corvillón intervirán:
Carolina Laya. Veciña de Corvillón. Licenciada en Xornalismo e empresaria. Traballou durante 5 anos no Reino Unido en diferentes empresas do ámbito da comunicación, as ventas e a comercialización dixital, alcanzado os postos de Marketing Manager e PPC Executive. Nestes postos de dirección xestionou importantes presupostos, ademais de exercer de formadora de distintas áreas empresariais. De volta a Cambados, fundou a súa propia empresa desde a que traballa para importantes firmas de Estados Unidos, Alemania, Inglaterra ou Francia.
Antón Sineiro Fernández. Veciño de Corvillón. Xubilado. Expresidente da Asociación de Taxistas de Cambados.
Rosa María Agra Aragunde. Veciña de Corvillon. Traballadora de limpeza doméstica e catequista da Parroquia de Corvillón.
MITIN EN VILARIÑO

O domingo, ás 12:30 h. no Centro Cultural de Vilariño, Somos Cambados ten unha cita cos veciños de Vilariño para explicarlles o seu proxecto para os próximos catro anos. Ademais dos dous concelleiros cos que conta esta formación, Tino Cordal e Xurxo Charlín, intervirá Carolina Laya, número tres da candidatura e natural de Vilariño, o número catro, Fernando Patricio Rey, e unha das candidatas desta parroquia, Mabel Falcón.
Ademais de Tino, Xurxo e Carolina, en vilariño intervirán:
Fernando Patricio Rey. Natural de Castrelo. Axente inmobiliario. Directivo dunha cooperativa vitivinícola e presidente do Club de Atletismo Cambados.
Mabel Falcón Dosío. Veciña de Vilariño. Licenciada en Tradución e Interpretación. Diplomada en Turismo. Técnica en Comercio exterior. Profesora de idiomas, tradutora e intérprete.
Somos Cambados afronta esta campaña electoral con moito optimismo e ilusión, e coa garantía do traballo realizado no concello nestes catro anos como o seu principal aval. O obxectivo que se marca a candidatura liderada por Tino Cordal é obter a alcaldía. Para elo afrontarán unha intensa campaña centrada en explicar a xestión realizada nestes catro anos e en difundir un ambicioso programa de goberno.