SOMOS CAMBADOS CUMPRIU COA MAIORÍA DAS PROPOSTAS DO PROGAMA DE GOBERNO DE 2015

Tino Cordal, candidato á alcaldía por Somos Cambados, destacou que a pesar de estar nun Plan de Axuste cumpriuse máis dun 80% das propostas, nas areas de goberno, que xestiona Somos Cambados.

Cordal sinalou que o Programa de Goberno 2015-2019 de Somos Cambados “50 medidas para cambiar Cambados”, acadouse en máis da metade das propostas nestes 4 anos de Goberno, o que mostra o compromiso de Somo Cambados coa sociedade Cambadesa.

Viveiro de Empresas de Cambados

Así por exemplo, en servizos sociais e terceira idade conseguise: Incrementar as axudas económicas destinadas ás familias en situación de risco de exclusión social, de 25.000€ a 40.000€ a partida económica para o Fondo de Emerxencia Social. Este equipo de goberno no que participa Somos Cambados, tamén incrementou as bolsas de axuda económica para os estudantes que carezan de recursos, de 7.000€ en 2015 a 31.300€ neste exercicio. En Servizos Sociais tamén se creou unha bolsa de vivendas con aluguer social, adheríndose en 2016 ao Convenio do Instituto Galego da Vivenda e o Fegamp para a posta a disposición de desafiuzados e familias en risco de exclusión social de vivendas valeiras. Potenciouse a atención aos nosos maiores adaptando locais públicos sen apenas uso, coa posta en funcionamento do Centro de Día e a reforma da Casa do Mar de Cambados. Promovemos a realización de reformas e melloras no Centro de Saúde, coa aprobación do proxecto de reforma por importe de 50.000€ financiado polo Plan Concellos e Conxelando os impostos municipais durante toda a lexislatura, baixando a urbana máis dun 23%, o que supuxo a maior baixada de impostos da historia de Cambados.

Reclamando as melloras no Paseo Maritimo a Portos de Galicia

Dentro das propostas en materia económica e de facenda: Defendeuse as demandas do Sector do Mar, nas reivindicacións da Lei de Acuicultura ou a recente subida da Seguridade Social. Creáronse Bonificacións Fiscais nos primeiros anos de actividade para as empresas que se establezan en Cambados, obtendo o galardón de Concello Emprendedor da Xunta de Galicia. Defendeuse aos agricultores e viticultores coa creación de bonificacións fiscais e asesoramento polo catastrazo. Potenciamos a comercialización de produtos do sector primario, con actividades como a Feira do Mar que se vai celebrar este fin de semana en Cambados. Reclamouse a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe “Rias Baixas” para Cambados, aprobándose a nosa moción en tódolos plenos da Comarca do Salnés e na Mancomunidade. Creouse un Viveiro de Empresas e outro Industrial para apoiar aos emprendedores onde xa traballan 7 empresas. Creouse o primeiro Coworking público da Comarca do Salnés en Cambados. Dende as nosas consellerías promoveuse Cambados como Sede de Congresos profesionais coa Reunión Anual GITud de Tumores Dixestivos que se celebrou o pasado ano ou o Post-CAO de Tumores Xenitourinarios Galaico-Asturiano que se celebrou hai unhas semanas en Cambados. Puxeose en valor a riqueza medioambiental de Cambados coas melloras do obradoiro de emprego no Complexo Intermareal Umia-O Grove e as actividades como o Rastrexo. Mellorouse o paseo Marítimo de Cambados e a zona litoral do Barrio de San Tomé, eliminando Portos de Galicia a varanda oxidada do Paseo e repuxéronse 20 papeleiras rotas na zona do mercado. Diversificouse a oferta de actuacións musicais e culturais con actividades como Ulovermu ou Cambados Namora nas prazas do Concello.

Portal de Transparencia de Cambados

Xa na area de promoción da participación veciñal: Difundiuse as convocatorias do Concello no Portal de Transparencia e redes sociais municipais. Activouse a Mesa de Comercio Local, na que participan as asociacións de comerciantes e mesmo o grupo da oposición. Dende Somos Cambados instauramos a transparencia na xestión das Contas Municipais xa que calquera veciño pode acceder as contas do Concello no Portal de Transparencia. Tamén dende Somos Cambados creamos unha oficina de asesoramento ao contribuínte para o catastrazo e as rebaixas e bonificacións fiscais.

Cordal destacou que “este ambicioso programa de goberno de Somos Cambados de 50 medidas para cambiar Cambados 2015-2019, non se puido completar na totalidade por que é moi difícil mudar 28 anos de goberno do Partido Popular en 4 anos dun goberno do cambio, pero a pesar de que inda queda moito traballo por facer o balance do traballo feito é positivo, por que Somos Cambados cumpre co seu programa e coas veciñas e veciños de Cambados”.

Recollida de propostas na paxina web de Somos Cambados

Lévanse recollido a día de hoxe preto de 20 propostas  das veciñas e dos veciños de Cambados que se incorporaran no Programa de Goberno de Somos Cambados. Estas propostas, van dende mellorara as infraestruturas municipais, ata iniciativas para potenciar o comercio e a hostalaría de Cambados, para mellorar a Festa do Albariño e mesmo iniciativas medio ambientais. As persoas que participan nesta iniciativa están a agradecer moito, a apertura do Programa de Goberno de Somos Cambados a iniciativa veciñal, e que sexan os propios veciños os que participen activamente na elaboración do programa dende a paxina web de Somos Cambados.