SOMOS CAMBADOS PROPON O CAMBIO DE UBICACIÓN DO MERCADO AMBULANTE

Con esta medida pretendese aforrar máis de 60.000 euros anuais en Taxas de Portos, dinamizar o casco histórico e manter os estacionamentos nos días de mercado.

A plataforma veciñal, Somos Cambados, vai incluír entre as propostas para o seu programa electoral o traslado do Mercado Ambulante para as rúas céntricas do casco histórico Cambades. Desta maneira o mercado ambulante que se celebra o mércores e sábado en Cambados, a partir da próxima lexislatura, volvería a realizarse na Rúa Nova, onde xa se viña realizando antes da construción do paseo marítimo en Cambados, e tamén na peatonal Rúa Hospital.

 

Con esta medida que foi xa proposta e conta coa aprobación da asociación de comerciantes Zona Centro de Cambados, pretendese por unha parte aforrar os máis de 60.000€ o ano que se abonan de taxas o Concello anualmente ao ente autonómico Portos de Galicia, fondos que irían destinados a contratación de persoal de limpeza, para mellorar a mesma no casco histórico; e por outra banda ademais de dinamizar estas rúas do casco histórico, tamén dispoñer dunha bolsa de estacionamento no paseo marítimo que están sendo ocupadas polos postos do mercado os días de feira, a vez que se reduzan os atascos no entorno da Avenida de Galicia cando se fai o mercado.  

 

Somos Cambados entende que o mercado ambulante debe realizarse no entorno da Praza de Abastos, para que se complementen o Mercado coa Praza, pero tamén debe realizarse nunha zona que non este tan exposta as inclemencias meteorolóxicas como é o caso do Paseo Marítimo, e que no inverno provoca moitas veces co mal tempo, que os ambulantes non poidan montar os seus postos, ademais de que se contamina o mar coas bolsas que acaban caendo no mar.

 

A realidade é que, o mercado ambulante que se celebra os mércores e sábados en Cambados conta cuns 200 postos que ocuparían estas dúas rúas do centro, e que se vai ter en conta tamén as propostas dos vendedores ambulantes e dos veciños destas rúas para que tamén valoren a proposta, e que aporten o que estimen oportuno a hora de levar a cabo a mesma, xa que de ser o caso tamén poderían ocupar os ambulantes outras rúas do centro, como a Rúa Lugo ou mesmo a Rúa Albariño, e que colaboraría a dinamizar o casco histórico Cambades como xa acontece noutros mercados como o de Noia ou Caldas de Reis.