EN MAREA PIDE EXPLICACIÓNS SOBRE A CONEXIÓN DO POLÍGONO DE NANTES COA EDAR DE MEAÑO

Os deputados de En Marea preguntarán polos “motivos polos que en igualdade de condicións o ano pasado o informe foi desfavorable e este ano parece ser idóneo”.

O grupo parlamentario de En Marea  exixirá na Cámara Galega explicacións polo informe favorable emitido por Augas de Galicia sobre a EDAR de Meaño que permitirá a próxima recepción do polígono de Nantes.

Unha situación que preocupa tamén en Cambados ante a posibilidade de que a saturación cause desbordamentos que afecten aos bancos marisqueiros.
Así o explicaba o portavoz de Somos Cambados, Tino Cordal, que acompañou aos deputados de En Marea nunha visita ao Polígono de Nantes.

Os deputados de En Marea amosan preocupación ante o anuncio realizado a pasada semana polo alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, sobre o informe favorable de Augas de Galicia para a recepción do parque empresarial.

Asimesmo, reclamarán á Xunta que se dirixa ao Concello de Meaño para iniciar as obras de desdoblamento das canalizacións de augas pluviais e residuais que chegan á depuradora.

*AUDIO AROUSA SI RADIO

Ir a descargar