Con máis dunha semana de retraso sobre o tempo prometido polo xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, na reunión na sede do ente, en Santiago, co concelleiro de Servizos Sociais de Cambados, Tino Cordal o pasado 19 de febreiro.
Lembremos que o pasado 12 do anterior mes o DOG publicara a declaración de deserto do concurso público para a contratación consistente na concesión do servizo asistencial de atención diúrna e atención residencial dos tres centros de día e no fogar residencial de Redondela. Contrato reservado a centros especiais de emprego segundo o disposto na disposición adicional quinta do texto refundido da Lei de contratos do sector público. A primeira licitación estaba redervada a centros especiais de emprego –aqueles que teñen a lo menos un 70% de discapacitados no seu persoal-, e ao que non se presentaran ofertas.
Como vedes un novo retraso e coma sempre non achacable ao goberno local.