En Marea solicita que o Pazo de Meirás volva a mans da cidadanía

O viceportavoz de En Marea no Parlamento saudou positivamente os acordos acadados na xuntanza de onte da comisión de expertos sobre o Pazo de Meirás

Tanto o relativo a aceptar o estudo da vía civil como porta para recuperar a propiedade cara o patrimonio público, como a incorporación do Estado a esta comisión.

O grupo de En Marea pola súa banda considera preciso que a Avogacía do Estado pase tamén a formar parte desta comisión e presentará unha iniciativa a este respecto hoxe mesmo no Congreso dos deputados tal e como informou o portavoz no Parlamento de Galicia.

A maiores, En Marea considera necesario unha vez existe este consenso que se concreten canto antes as accións legais oportunas coa anotación preventiva no Rexistro e o inicio das accións legais que sexan precisas para garantir que o Pazo de Meirás volva a mans da cidadanía.