O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade a iniciativa defendida polo deputado, Juan Merlo, relativa á marca Pesca de Rias, ¿onde se non?
Na súa intervención o deputado de En Marea destacou o valor dos produtos das rias galegas recoñecidos a nivel nacional e internacional pola súa calidade, ademais de lembrar que do sector do mar viven máis de 20.000 familias, representado polo tanto un motor fundamental para a economía galega, non so pola cantidade de postos de traballo directo que xera, senón tamén polos milleiros que crea de forma indirecta.
A proposición non de Lei de En Marea aprobada hoxe establece que o Parlamento de Galicia inste á Xunta de Galicia a:
- Poñer na etiquetaxe no selo de pesca de rías ¿de onde se non? o prezo pagado por quilo ao mariñeiro ou mariscadora.
- Instalar un código QR no selo de pesca de rías ¿de onde se non? que leve directamente ao apartado da trazabilidade do produto na web www.deondesenon.xunta.gal
Your article helped me a lot, thanks for the information. I also like your blog theme, can you tell me how you did it?