SOMOS A ALTERNATIVA DE GOBERNO PARA ESTE PAÍS

VILLARES: “O PARTIDO POPULAR TEN UN MOTIVO MÁIS PARA ESTAR PREOCUPADO”

Máis de 200 persoas inscritas e 60 mareas foron á xuntanza que En Marea celebrou nas xornadas de municipalismo nas catro capitais de provincia galegas. Así, en Santiago, Lugo, Pontevedra e Ourense, déronse cita diversas mareas locais para analizar estratexias e obxectivos de cara ás municipais do 2019.

As persoas inscritas responderon a diversas cuestión, desde a utilidade de que En Marea propicie espazos colaborativos, como debería ser a participación das inscritas, os recursos e loxística que En Marea debe artellar para as mareas municipalistas, como deben ser as fórmulas de colaboración para optimizar os resultados electorais, ata os puntos que deben terse en conta para a elaboración do protocolo de colaboración entre as mareas municipais e En Marea. Tras unha fase de traballo por grupos fíxose unha posta en común que será a base do documento de municipalismo que se presentará no plenario do vindeiro mes.

A vicevoceira de En Marea, Ana Seijas afirmou que á xornada asistiron “máis de 60 mareas e máis de 200 persoas inscritas”. A vicevoceira mostrouse satisfeita porque “cando se abren espazos de participación, a cidadanía responde”. Ao fío disto engadiu que “deste xeito poñemos propostas en común e cooperamos para que a forza das mareas chegue a todos os recunchos do país”. Para Seijas o obxectivo é “abranguer” todo o país porque “en Galicia, hai mareas”.

img_6897Pola súa banda, o voceiro de En Marea, Luís Villares sostivo que “o espazo político de En Marea ten no eido municipalista o seu referente máis próximo porque é o lugar no que traballamos día a día colaborando coa veciñanza”. Villares afirmou que “o Partido Popular ten un motivo máis para estar preocupado, porque hoxe reforzamos esa idea de que non nos rendemos, de que estamos aquí para buscar alternativas en clave de dereitos sociais, de dereitos das persoas”. Por outra banda, o voceiro quixo agradecer a todas as persoas inscritas o seu “esforzo” por sentar “alicerces para que En Marea teña unha relación cada vez máis fluída e colaborativa coas mareas galegas”.

Tras a xornada a comisión designada para o plenario de marzo elaborará un documento baseado en todas as aportacións recollidas na xornada.

2 comentarios sobre “SOMOS A ALTERNATIVA DE GOBERNO PARA ESTE PAÍS”

  1. Thank you very much for sharing. Your article was very helpful for me to build a paper on gate.io. After reading your article, I think the idea is very good and the creative techniques are also very innovative. However, I have some different opinions, and I will continue to follow your reply.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *