Onte a maioría absoluta de Feijóo recibiu da cidadanía os mesmos recortes que el lle aplica á Sanidade

O voceiro de En Marea, Luís Villares, vencellou esta mañá en rolda de prensa o fracaso laboral co fracaso en política sanitaria do goberno do PP. “Feijóo vai de fracaso en fracaso”, comezou, “onte demostrouse que a xente perdeu a confianza no seu goberno para garantir o dereito á sanidade en condicións de proximidade e de celeridade” e “a súa maioría absoluta sufriu os mesmos recortes que el lle aplica á sanidade”.

Para Villares a xente abandona o PP porque está defraudada coas súas políticas. “Están fartas de recortes e non se resignan a que lle supriman Áreas Sanitarias e que as deriven á privada”, sinalou. “Onte visualizouse a esperanza nunha alternativa e o desexo compartido do dereito á saúde, porque en Sanidade as distancias contan e os desprazamentos para ir ó médico merman a calidade de vida”.

“A sociedade envioulle unha mensaxe clara a Feijóo e a súa soberbia parlamentaria recibiu un baño de realidade, mentres el pavoneaba por Madrid traballando unicamente polo seu propio futuro político”, indicou o voceiro de En Marea, que pediu a inmediata retirada do proxecto de reforma da Lei de Saúde, do mesmo xeito que fixo na lexislatura pasada coa Lei de Acuicultura. “Se non, será a cidadanía a que retire a Feijóo e a súa maioría”.

Tralas declaracións do ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, defendendo o veto ao traspaso da AP9 por ser unnha autoestrada da rede estatal e o Estado ten que ter as competencias, Villares criticou duramnte a complicidade de Feijóo, “froito da súa irrelevancia política”. “Está condenando os intereses de toda a cidadanía galega”, concluíu o voceiro de En Marea.

3 comentarios sobre “Onte a maioría absoluta de Feijóo recibiu da cidadanía os mesmos recortes que el lle aplica á Sanidade”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *