En Marea pide explicacións ao Goberno por non defender a candidatura como sede do Centro Europeo de referencia para crustáceos

A deputada Alexandra Fernández: “Como se explica que non defenda esta candidatura após do sucedido co centro de referencia para moluscos? A que se debe o desinterese e indiferencia para cos intereses de Galiza? Esta o Executivo de Rajoy interesado en que o laboratorio fose para Dinamarca?”

A deputada de En Marea critica “a deixación de funcións do Goberno Rajoy e a debilidade e fraxilidade de Feijoó que denota ineficacia e inoperancia, ademáis de que non pinta nada”.

Iniciativa: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/c4268cd4-0907-4496-9d4b-e7cc694a0dfc/PREGUNTA_CENTRO_EUROPEO_CRUSTÁCEOS.pdf

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, pide explicacións ao Goberno nunha batería de preguntas rexistradas na Cámara Baixa por non ter defendido perante a UE a candidatura de Vigo ao centro europeo de referencia para os crustáceos que vai para Dinamarca co voto favorábel de Rajoy.

A parlamentar de En Marea considera “inconcebíbel que após do sucedido co centro de referencia europeo para os moluscos, cun Feijoó desactualizado que nin se enteirou de que o Goberno do PP de Rajoy votara en maio pasado a favor do peche do centro de moluscos sen dar a batalla para que fose para Vigo, agora deixe escapar o centro de referencia para crustáceos sen defender unha posición propia na UE e incluso vote a favor de que vaia para Dinamarca”.

Fernández afirma que “este tipo de feitos demostran ás claras unha total deixación de funcións en canto a defender os intereses do estado español, e en concreto os de Galiza coa posibilidade de que Vigo albergase este centro de investigación. Non precisamos explicar a riqueza pesqueira e marisqueira do noso pais nin tampouco lembrar a importancia na investigación neste tipo de temas que fai o Oceanográfico de Vigo. A posición do Executivo de Rajoy así como a debilidade e fraxilidade do Presidente da Xunta respostan á política da inoperancia, da indiferencia e da ineficacia”.

O desinterese de Rajoy e a debilidade de Feijoó 

Alexandra Fernández tamén alude ao acontecido co laboratorio europeo de referencia para os moluscos bivalvos, cuestión na que o Goberno do PP “votou a favor do seu peche en Bruxelas a pesar da propaganda de Feijoó anunciando a posibilidade de que fose a Vigo. O Executivo de Rajoy, do mesmo partido que o de Feijoó, non lle comunicou que había meses que votara a favor do peche do centro de moluscos”. Un desmantelamento que contou “coa posición obediente sumisa do Goberno español, sen que tan siquera fixese o xesto de defender que fose para Vigo”.

Polas informacións publicadas nun diario galego, soubemos “doutro despropósito, o relativa ao laboratorio para crustáceos”. A finais deste pasado xaneiro, o Consejo Europeo ratificou a decisión de que fose para Dinamarca, “sen que o Goberno español  tivese nada que obxectar, nin puxou por Vigo e polos intereses de Galiza. Esta o Executivo interesado en que se sitúe en Dinamarca”.

4 comentarios sobre “En Marea pide explicacións ao Goberno por non defender a candidatura como sede do Centro Europeo de referencia para crustáceos”

  1. hello!,I love your writing very so much! proportion we be in contact more about your article on AOL?
    I require an expert on this house to solve
    my problem. Maybe that’s you! Having a look ahead to see you.

  2. I may need your help. I’ve been doing research on gate io recently, and I’ve tried a lot of different things. Later, I read your article, and I think your way of writing has given me some innovative ideas, thank you very much.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *