En Marea pedirá explicacións ao presidente da Xunta polo desmantelamento do público que están a impor o seu Goberno para beneficiar á empresas privadas

O voceiro de En Marea, Luís Villares, anunciou os temas que o seu grupo levará ao primeiro pleno do mes de febreiro (2018) no Parlamento de Galicia. A pregunta do grupo parlamentario de En Marea para a sesión de control ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, será sobre a súa valoración do grave deterioro dos servizos públicos do noso país.

“Esperemos que veña con novos anuncios e investimentos pero tememos que non vai ser xa que as cifras de orzamento son as que son e de execución aínda peor” lamentou Villares.

desmantelamento do público que impulsa o Partido Popular beneficia á privada por iso a Xunta non lle importa o deterioro dos servizos públicos como denunciou o voceiro de En Marea.

En Marea levará ao vindeiro pleno dúas proposicións non de Lei unha relativa á compensación das perdas para o sector da castaña que o voceiro considerou necesario para un sector que fixa poboación no rural, que xera un complemento de rendas agrarias importante e para evitar unha merda de mercado por unha circunstancia como foi a seca vivida este ano.

En materia de ordenación do territorio e medio ambiente presentamos unha proposición contra as sondaxes ilegais que se están a levar a cabo no concello de Touro onde se pretende levar a cabo un proxecto megamineiro. Villares destacou que non está documentado polo que o grupo parlamentario pedirá que non se permitan mentres non se conte cos permisos adecuados.

Outras das iniciativas que En Marea levará ao pleno da Cámara será relativa a suba das peaxes que o voceiro considerou un “verdadeiro atraco”. En Marea tratará de poñer as bases para o debate do rescate da autoestrada xa que como sinalou Villares “non é lóxico que se podan rescatar as radiais madrileñas que foron un fiasco e producen perdas pero pola contra unha infraestrutura amortizada e que producen uns beneficios que se están a repartir como dividendos entre os seus accionistas absolutamente insalubres desde o punto de vista de redistribución da riqueza non se poda nin tan sequera debater”.

En Marea cuestiona así mesmo o veto ao propio debate por parte do Congreso polo que volverán a levar o tema a Cámara galega lembrando ademais a presentación feita polo grupo dun recurso ao constitucional por este veto.

“Temos que facer todo isto no Parlamento porque Feijóo o invisible non fixo nada diso con anterioridade, nin tan sequera na súa recente visita á capital do Estado onde volveu a evitar as necesidades do noso pais. Mencións a Galicia cero xa que o seu interese no noso país é cero, ve a presidencia da Xunta como un mero trampolín” afirmou Luís Villares. “A realidade é que a Feijóo non lle interesa Galicia, Non considera importantes os problemas de Galicia para falar deles en Madrid. Está a empregar o cargo para defender unicamente os seus propios intereses” concluíu.

situación dos servizos públicos será outro dos temas que En Marea levará para o seu debate na Cámara. Así en materia de educación o grupo ve un problema nos ratios por aula xa que non se están a ter en cuantificar o alumnado que repite curso. Así mesmo, En Marea defenderá unha nova política de servizos sociais con máis recursos, máis persoal, máis orzamento e que se cumpra co compromiso de non deixar a ninguén atrás algo que non está a suceder actualmente.

En materia de sanidade os deputados e deputadas de En Marea presentarán dúas iniciativas. A primeira delas sobre as listas de agarda do Sergas e o colapso do sistema sanitario provocado polo desmantelamento do mesmo. “A situación actual indesexable para á cidadanía pero non para o Partido Popular xa que o aumento das listas provoca o desvío á privada. Recortes na sanidade pública reverten en cartos para á privada” denunciou o voceiro de En Marea que asegurou que “co PP estamos máis enfermos e sufrimos máis xa que o que están a precarizar son as condicións de saúde da cidadanía”. O voceiro Luís Villares anunciou así mesmo a participación de En Marea na manifestación do vindeiro domingo 4 de febreiro en defensa da sanidade pública do noso país convocada en Santiago de Compostela e que vaticinou “será masiva”.

Referente á situación dos traballadores e traballadoras da Xustiza, Villares preguntou porque a Xunta de Galicia incumpre “con tanto descaro” os acordos acadados de forma unánime no Parlamento de Galicia. Así lembrou o apoio das deputadas e deputados da Cámara ás reivindicacións do persoal de Xustiza para acabar entre outras cuestións coa discriminación insoportable que se está a dar entre o persoal da administración de Xustiza. “Rueda trata de ocultarse dicindo que o que se pide son subidas salariais cando o que están a pedir son outras moitas cousas como acabar coa discriminación actual.

“Porque se está a castigar ao persoal de xustiza? A resposta é evidente non lle interesa que funcione ben a Xustiza so hai que pensar nos 200 casos de corrupción ao ano dos que a maioría implica ao PP” declarou Villares. Neste sentido, o voceiro de En Marea anunciou que o seu grupo esixirá a vindeira semana que o Goberno galego cumpra co acordo unánime da Cámara e atenda as reivindicacións do persoal da Xustiza.

Rolda de prensa ofrecida polo voceiro de En Marea tras a xunta de voceiros do martes 30 de xaneiro de 2018:

35 comentarios sobre “En Marea pedirá explicacións ao presidente da Xunta polo desmantelamento do público que están a impor o seu Goberno para beneficiar á empresas privadas”

  1. Hi there just wanted to give you a quick heads up and let you know a few
    of the images aren’t loading correctly. I’m not sure why but I think its a linking issue.
    I’ve tried it in two different internet browsers
    and both show the same outcome.

  2. Hallo Schaly,ist ebenfalls aktualisiert. Besten Dank für dein regelmäßiges Feedback. Wenn Du Lust hast hier selbst aktiv mitzuwirken, kannst du dich übrigens gerne melden :)LGSchlomo

  3. Hello, I think your website could be having web browser compatibility problems.
    When I look at your web site in Safari, it looks fine but when opening in IE,
    it’s got some overlapping issues. I merely wanted to give you a quick heads up!
    Apart from that, wonderful site!

  4. Hey there! I’m at work browsing your blog from my new iphone!Just wanted to say I love reading your blog and look forward to all your posts!Carry on the fantastic work!

  5. Tıp Dükkanı Mobilya Tasarım Için Eczane Mağaza Armatürleri, Find Complete Details about Tıp Dükkanı Mobilya Tasarım Için Eczane Mağaza Armatürleri,Ilaç Dükkanı Mobilya,
    Eczane Dükkanı Mobilya,Eczane Mağaza Armatürleri from Supplier or Manufacturer-Foshan Kai
    Shine Loong Decoration Design Engineering Co., Ltd.

  6. Pingback: UFC Streams
  7. Pingback: 대구웨딩홀
  8. Pingback: h&k
  9. Hi to every body, it’s my first pay a quick visit of this web site; this webpage carries awesome and
    genuinely fine material for readers.

  10. Pingback: brians club
  11. Pingback: togel macau
  12. With havin so much content and articles do you ever run into any issues of plagorism or copyright
    infringement? My website has a lot of unique content I’ve either created myself or outsourced but it appears
    a lot of it is popping it up all over the internet without my permission. Do you know
    any methods to help stop content from being ripped off?
    I’d genuinely appreciate it.

  13. Pingback: bonanza178
  14. Pingback: go to website
  15. Pingback: bonanza178
  16. Pingback: 웹툰 사이트

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *