REFORMA LEI DE SAÚDE DE GALICIA, RECORTES SANIDADE… A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!!

Dende SOMOS CAMBADOS apoiamos a mobilización da Plataforma SOS Sanidade Pública contra o anteproxecto de Lei de Saúde Pública de Galicia, mañá 24 de xaneiro, ás 12:30h CONCENTRACIÓN NO HOSPITAL DO SALNÉS.

A saúde representa un dereito fundamental da cidadanía, o máis básico, xa que sen saúde non existen os outros dereitos, mais é un dereito que de novo é atacado polo Partido Popular desde a Xunta de Galicia.

Feijoo  prometera que esta ía ser a lexislatura do rural, pero está sendo a lexislatura do despoboamento, do desmantelamento e do estrangulamento do medio rural. Un claro síntoma dese estrangulamento é o desmantelamento da atención sanitaria:

No mes de agosto do pasado ano, a Consellería de Sanidade publicaba o anteproxecto de lei polo que se modifica a actual Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia.

Xa nese momento, desde En Marea solicitamos a retirada do anteproxecto ao entender que contribuiría a reforzar as políticas de desmantelamento da sanidade pública, consolidando a liña de recortes que tanto dano fixeron e fan ao noso sistema de saúde, ademais de contribuír á súa privatización, e tamén esiximos que se revertera a supresión das xerencias de atención primaria e das xerencias comarcais, organizándoas de xeito eficiente e permitindo a descentralización da xestión, xa que, ao perder o carácter de área sanitaria, as xerencias dos hospitais comarcais, perden autonomía e capacidade de planificación.

SANIDADEO anteproxecto foi aprobado, polo que coa conseguinte reforma da Lei, asistimos a un novo desmantelamento da atención sanitaria por parte do goberno galego:

Unha das modificacións máis significativas é a reorganización do mapa galego en 7 áreas sanitarias e 14 distritos (correspondentes cos hospitais comarcais).

A supresión das áreas sanitarias de O Barco de Valdeorras, A Mariña, Monforte e O Salnés centraliza o sistema sanitario público galego nas sete Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI). Con esta reforma, os hospitais das áreas suprimidas perden a súa autonomía, o que incrementará o nivel de burocratización da sanidade, co conseguinte prexuízo para a cidadanía. Ademais, os hospitais de referencia das sete EOXI serán os que perciban a maioría dos recursos sanitarios, en detrimento dos hospitais comarcais. Esta medida supón unha barreira para o acceso da cidadanía á atención hospitalaria, especialmente, da poboación rural e máis avellentada.

Nas alegacións ao anteproxecto, desde En Marea rexeitamos a supresión das áreas sanitarias e propuxemos aumentalas: das 11 actuais a 14, para así responder axeitadamente ás características e necesidades da poboación.

Esta reforma tamén implica a redución da posibilidade de participación social na planificación, control e avaliación da actividade do sistema sanitario e dos centros asistenciais.

Legalizase a privatización do SERGAS, consolidando a entrada de capital multinacional e das farmacéuticas na xestión, docencia e investigación do sistema sanitario, sufragado con fondos públicos.

Do mesmo xeito, como xa está sucedendo, afondase na precarización do persoal sanitario: a amortización de prazas nos centros de saúde, a falla de cobertura das ausencias dos/as profesionais, a contratación en precario por días e incluso por horas provoca unha sobrecarga de traballo que repercute nunha grave perda da calidade asistencial, prexudicial tanto para os/as profesionais como para a poboación.

img_5577Con esta reforma consolidase o abandono e a relegación da Atención Primaria, a máis próxima e accesible para cidadanía e doentes, que xa non recuperará as súas estruturas de planificación e xestión, o seu orzamento propio.. cando debe  ser o eixo da xestión da saúde da poboación, o que afondará nun profundo deterioro da calidade asistencial.

A modificación da Lei de Saúde orquestada polo PP (sen consenso de ningún tipo cos axentes implicados) afonda no desmantelamento e na privatización do Sistema Sanitario Público Galego, entre outros motivos porque:

  • Desmantela os hospitais comarcais, centralizando os servizos hospitalarios nas capitais das provincias, coa conseguinte perda de servizos e especialidades nas comarcas. Así se dificulta o acceso á asistencia especializada da poboación rural e se recentraliza o control da Consellería de Sanidade sobre a atención da saúde, afastando os centros de toma de decisións da poboación.
  • Perpetua as Estruturas de Xestión Integrada (EOXI), que someten a atención primaria ás xerencias hospitalarias, en detrimento da atención cercana: Ao suprimir as 4 áreas sanitarias, a atención primaria queda sometida á hospitalaria, perdendo orzamento e autonomía, polo que o sistema sanitario volve ao modelo curativo (reparación do dano) en detrimento da promoción e a prevención, moito máis racional e eficiente para a saúde da poboación, pero menos rendible para as multinacionais.
  • Privatiza pouco a pouco e por lotes a Sanidade Pública Galega: Concesións, concertación sanitaria, privatización da formación, a investigación e a innovación sanitaria, consolidando a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, penetrada por empresas multinacionais, etc.
  • Reduce e limita a participación social no control da Sanidade Pública Galega.
  • Favorece a creación de “chiringuitos”, potenciando o favoritismo e a arbitrariedade na contratación do persoal sanitario.

Cuestión a ter en conta:

  • No Plan Presupuestario para o ano 2018 que Montoro remitiu a Bruxelas o gasto sanitario pasa dun 6% a un 5,8% do PIB. Vaise gastar en sanidade menos ca nunca, a pesares da recuperación económica da que fai gala o Partido Popular. A pesares disto, desde o goberno de Feijoo insisten en que van investir maiores partidas para que os nosos hospitais teñan máis e mellores servizos…. difícil de crer, á vista dos datos….

Este é o modelo que o goberno do Partido Popular promove e impulsa, e que está provocando o desmantelamento intencionado e constante da atención sanitaria. É o modelo da destrución de emprego, do deterioro progresivo da Atención Primaria, asfixiando aos/ás profesionais co interese de trasladar á cidadanía a percepción dunha sanidade precaria e insostible, para deste xeito, entregar a mans privadas o tan ansiado negocio da sanidade pública.

img_4982Neste senso, os hospitais comarcais padecen moitas eivas e carencias: a privatización dos servizos cada día empeora a atención e as instalacións, as longas listas de espera en Atención Primaria fomentan a saturación nos servizos de urxencias, listas de espera para especialidades de máis dun ano, derivacións á sanidade privada a outras Comunidades Autónomas, falta de persoal, etc.

É inxusto que Lugo e Ourense non teñan servizo de hemodinámica as 24 horas os 7 días á semana, cando contan cunhas taxas de mortalidade por infarto elevadas.

Alén da reforma da Lei de Saúde de Galicia, nestes días son numerosas as novas sobre colapsos nas urxencias da maioría dos hospitais galegos, apertura de camas pechadas, pacientes sen comer, etc. resumindo: unha mostra máis da improvisación e falta de previsión do SERGAS (e por extensión da Xunta), unha mostra da política sanitaria do goberno do PP.

O problema de fondo non é o pico de gripe, non son os colapsos de urxencias, senón o desmantelamento intencionado da sanidade pública galega do que vimos falando, e ao que abocan as políticas do Partido Popular.

Os colapsos en urxencias destes días responden a dous motivos fundamentais: a falta de camas abertas, que impide ingresar aos doentes e fai que se acumulen no servizo e a perda de capacidade resolutiva da Atención Primaria.

O colapso das urxencias é unha testemuña máis do fracaso da política sanitaria do goberno de Feijoo porque indica:

  • Falta de camas nos hospitais (desde 2009 pecháronse 790 camas, segundo estima a AGDSP).
  • Unha xestión ineficaz: O SERGAS ante colapso amosou falta de ideas e solucións. A dirección do SERGAS quedou de brazos caídos.
  • Debilidade da estrutura de Atención Primaria.
  • Cupos en torno a 1.600 doentes na periferia das cidades (máis da metade con cupos superiores a 1.500) pola ausencia de creación de prazas e perda progresiva de persoal.
  • Falta de cobertura de ausencias de todo o persoal, con bloqueo de axendas ou contratacións na maioría dos casos por 3 horas.
  • Perda progresiva de orzamento: para 2018 a porcentaxe total é do 13% sendo Vigo dun 11% e Santiago e Coruña dun 12%, cando a recomendación internacional é dun 25%.
  • Ausencia de estrutura directiva de Atención Primaria ao perder entidade propia e sendo subalterna dos obxectivos sanitarios hospitalarios.
  • Listas de espera que continúan aumentando e o PP pretende combater cun decreto de tempos máximos de espera, en vigor desde o 10 de xaneiro. Na situación actual da sanidade, ese decreto é unha fonte de financiamento da sanidade privada: O mesmo decreto di “o exercicio do dereito de garantía de tempos máximos prevalece sobre o dereito de libre elección”. Os tempos máximos so están garantidos nos casos de cancros, patoloxía cardiovascular grave, desprendemento de retina e hidrocefalia.
  • Privatizacións.

PROPOSTAS PARA FACER FRONTE AOS COLAPSOS DAS URXENCIAS HOSPITALARIAS (Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública):

  • Recuperar tódalas camas pechadas (un total de 790 desde o ano 2009) para poder hospitalizar aos doentes atendidos en urxencias que o precisen.
  • Establecer estruturas de coordinación hospitalaria do servizo de urxencias e os de medicina interna para un mellor uso das camas hospitalarias (facilitar altas e ingresos).
  • Dotar de capacidade resolutiva á Atención Primaria incrementando o seu orzamento, crear novos centros de saúde, acabar coa masificación ampliando os cadros de persoal, mellorar o equipamento e eliminar as trabas de acceso aos recursos diagnósticos. Unha Atención Primaria ben equipada e prestixiada evitaría que moitos doentes vexan as urxencias hospitalarias como a única solución ás súas demandas de atención urxente.
  • Fortalecer a Atención Primaria tamén precisa unha estrutura directiva en Atención Primaria con obxectivos propios, coordinada coa estrutura hospitalaria pero non dependente (como é actualmente nas EOXI).
  • Promover a participación social na avaliación e proposta de obxectivos do SERGAS…

EN MAREA – SOMOS CAMBADOS:

AJ2C5F1_1A sanidade non se vende: deféndese!. O goberno do PP vende a sanidade. Nos defendémola, e témola que defender quen cremos nela, quen apostamos por unha sanidade pública de calidade e proximidade. Feijoo, Almuiña, etc… non a van defender: eles defenden -e manteñen nos seus postos- aos cargos imputados por homicidio imprudente no caso do retraso nos fármacos para a Hepatite.

Non nos resignamos. Somos quen de mudar as políticas que está aplicando o goberno do Partido Popular, que o único que fan é afogar á cidadanía.

As mentiras de quen nos goberna caerán polo seu propio peso e quedará a dignidade dun pobo que loita polo seu: unha sanidade pública, de calidade e proximidade.

Enmarcada na actividade parlamentar, desde En Marea presentaremos diversas  iniciativas no Parlamento sobre a cuestión e no pleno da vindeira semana, Luís Villares preguntaralle ao presidente “por cánto tempo máis van continuar coas políticas de recortes que provocan os colapsos e saturación dos servizos de urxencias nos hospitais galegos”.

Dende En Marea tamén apoiaremos tódalas mobilizacións da Plataforma SOS Sanidade Pública e da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública contra o anteproxecto de Lei de Saúde Pública de Galicia, coas seguintes datas axendadas:

24 de xaneiro: CONCENTRACIÓNS en tódalas áreas sanitarias, organizadas por cada unha das plataformas.

4 de febreiro: MANIFESTACIÓN CENTRAL en Santiago de Compostela.

As demandas serán a retirada do decreto que supón modificar a Lei de Saúde de Galicia e a defensa da sanidade pública, porque vemos como os recortes impostos polo actual goberno puxeron en perigo a atención sanitaria da cidadanía.

8 comentarios sobre “REFORMA LEI DE SAÚDE DE GALICIA, RECORTES SANIDADE… A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!!”

  1. Simply wish to say your article is as astonishing.
    The clearness on your put up is simply great and that i can think you are knowledgeable
    in this subject. Well along with your permission allow me to take hold of your RSS feed to stay updated
    with drawing close post. Thanks one million and please keep up the enjoyable
    work.

  2. Wow! This blog looks exactly like my old one! It’s on a completely different topic but it has pretty much the same page layout
    and design. Outstanding choice of colors!

  3. What’s Going down i am new to this, I stumbled upon this I’ve discovered It absolutely helpful and ithas aided me out loads. I hope to give a contribution & help different customers like itsaided me. Good job.

  4. I actually wanted to compose a brief message so as to thank you for some of the great tips and tricks you are sharing on this website. My time-consuming internet lookup has now been honored with high-quality strategies to talk about with my relatives. I would mention that we website visitors actually are very endowed to dwell in a superb site withmany wonderful professionals with very beneficial ideas. I feel very much blessed to have discovered your entire webpage and look forward to some more amazing minutes reading here. Thanks once more for all the details.Iwanted to write down acomment so as to say thanks to you for some of the nice suggestions you are giving here. My time-consuming internet search has now been compensated with brilliant know-how to exchange with my good friends. I would suppose that many of us readers actually are very much endowed to dwell in a very good website withmany brilliant professionals with valuable tactics. I feel really privileged to have encountered the website and look forward to many more enjoyable minutes reading here. Thanks once again for a lot of things.Thanks, Gregory, you are correct, the article has been corrected to read as “Wikipedia”, not Wiki.All thanks toDr. Ojie the great herbal healer for his marvelous work in my life, I was diagnosed of herpes since 2017 and I was taking my medications, I wasn’t satisfied i needed to get the herpesout of my system, I searched about some possible cure for herpes i saw a comment about Dr.Ojie ,how he cured herpes with his herbal medicine, I contacted him and he guided me. I asked for solutions, he started the remedy for my health, he sent me the medicine through UPS SPEED POST. I took the medicine as prescribed by him and miraculously i was cured from herpes , thank you dr Ojie you can also contact him ondoctorojie1@yahoo.comcall/whatsApp +2349015357322 . Doctor Ojie can cure the following diseases :: Kidney failure ,Herpes1/2, CANCER, ALS (Lou Gehrig’s disease), Hepatitis A/B, chronic pancreatitis, Emphysema, COPD (Chronic , Obstructive Pulmonary Disease), asthma, Acute angle-closure Glaucoma, Diabetes, CHRONIC PANCREATITIS.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *