En Marea propón medidas de protección contra o impacto sonoro de fogos de artificio e pirotecnia en animais e humanos

O grupo parlamentario En Marea plantexa a necesidade de elaborar por parte da Xunta un catálogo de boas prácticas sobre o emprego de pirotecnia, apostando por espectáculos con menor impacto sobre o Medio natural, a cidadanía e os animais, e fomentando estas alternativas nos concellos, estudando a posibilidade de utilizar fogos de artificio silenciosos ou de baixo impacto sonoro.

O promotor da iniciativa, o deputado Francisco Casal, destaca a necesidade de tomar medidas de protección animal como a limitación acústica no uso de petardos e bombas, así como o alonxamento do seu punto de lanzamento de zonas habitadas ou naquelas nas que existan concentracións de animais, coma granxas, criadeiros ou zonas de esparexemento “para facer compatible a celebración destes espectáculos de arraigada tradición no noso territorio co respecto aos animais e a determinados colectivos de persoas, coma as crianzas, as persoas maiores ou aquelas que sofren trastornos de espectro autista”.

Ademais, En Marea insta á Xunta de Galicia a redactar unha normativa específica sobre a utilización de artificios pirotécnicos e pide que se avalíe na Comisión de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia o impacto da pirotecnia na fauna doméstica e silvestre, promovendo estudos veterinarios e científicos sobre os compoñentes potencialmente perigosos destes artefactos.

En Marea lembra na súa iniciativa que moitos colectivos internacionais, estatais e galegos de protección animal, como LIBERA! e a Fundación Franz Weber, realizan dende os últimos anos propostas a diferentes institucións e Concellos galegos para empregar métodos menos perxudiciais, como o emprego de fogos de artificio con menor explosión, reducción dos minutos que dura o espectáculo ou mesmo campañas de sensibilización sobre a pirotecnia e os seus múltiples efectos nocivos.

9 comentarios sobre “En Marea propón medidas de protección contra o impacto sonoro de fogos de artificio e pirotecnia en animais e humanos”

  1. Thanks for ones marvelous posting! I certainly enjoyed reading it, you happen to be a great author.I will be sure to bookmark your blog and will
    come back very soon. I want to encourage one to continue your
    great job, have a nice weekend!

  2. Today, I went to the beachfront with my kids. I found a
    sea shell and gave it to my 4 year old daughter and said «You can hear the ocean if you put this to your ear.» She
    put the shell to her ear and screamed. There was a hermit crab inside and it pinched her ear.
    She never wants to go back! LoL I know this is
    totally off topic but I had to tell someone!

  3. Pingback: ufa
  4. Pingback: briansclub CVV2

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *