En Marea esixe máis previsión e planificación á Xunta contra o colapso das Urxencias nos hospitais galegos

O voceiro de En Marea Luís Villares e a deputada Eva Solla denuncian a falta de persoal e os recortes na Atención Primaria, trala visita ao Alvaro Cunqueiro coa deputada Paula Quinteiro e a concelleira da Marea de Vigo Marga López Barreiro

“Despois de reunirnos coa Xunta de persoal do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e con colectivos sanitarios constatamos que a peor gripe que sofre este país non é a dos pacientes, senón a gripo do goberno de Feijóo, non hai colapso das Urxencias, hai colapso da sanidade pública”, sinalou esta mañá o voceiro de En Marea Luís Villares ás portas do centro hospitalario, que visitou acompañado das deputadas Eva Solla e Paula Quinteiro e maila concelleira de Vigo, Marga López Barreiro.

“E iso é debido a unha falta de previsión do que son os ciclos normais das doenzas, polo tanto un problema de incompetencia dun goberno incapaz de xestionar de forma racional a e razonable os propios recursos, non hai un problema de falta de atención, o que hai é un problema de falta de persoal, de recortes na sanidade pública que nos impide acceder con normalidade a un dereito fundamental básico como é a saúde”, continuou Villares, que reivindicou unha revisión de toda a planificación da sanidade que permita atender en tempo e forma a todas as persoas doentes.

Ademais, para En Marea esta situación non responde a un problema circunscrito ás Urxencias, senón que é un problema xeral da sanidade pública, pola desatención e infradotación de medios en Atención Primaria, que debería contar con medios suficientes para atender casos que non son emerxencias.

“Parécenos terrible que a partir das advertencias feitas polas diferentes centrais sindicais e dos diferentes grupos da oposición, a Xunta non tomase ningún tipo de medida para prever unha situación que se dá todos os invernos e que deberían ter capacidade de xestionar”, engadiu Eva Solla que asegurou que “hai unha intencionalidade nese deterioro da sanidade publica no noso país a pesar de que na ponte de Decembro houbo colapsos nas Urxencias advertidas por En Marea, que rexistrou unha batería de iniciativas a principios do mes de decembro”.

Malia iso, “a Xunta non fixo nada e non foi ata pasado o Nadal que decidiron abrir as plantas do hospital do Meixoeiro que estaban pechadas cando xa se sabía que era inasumible ter doentes agardando días por unha cama”. Para a voceira de Sanidade de En Marea “é un problema xeral de toda Galicia, hai unha ausencia de persoal suficiente tanto nos servizos de hospitalización como na Atención Primaria que motiva que as Urxencias se colapsen con máis facilidade”.

Logo de que a propia Xunta recoñecese que un 20% dos casos precisan hospitalización En Marea considera “indecente que ata fai só uns días permanecesen camas pechadas cando había posibilidade de ter esas persoas ingresadas e non nun corredor”. “Esiximos á Xunta que tome medidas e presente un plan de continxencia senón tamén de planificación, pois non se pode dicir que a gripe vai vir a principios de febreiro cando a comezos de decembro xa había colapsos”, reivindicou Solla, lembrando que “quen sofren esta situación son doentes e familiares que pasaban o fin de ano nos corredores das urxencias pero non tiveron unha soa palabra no discurso de Feijóo”.

Pola súa banda, a concelleira da Marea de Vigo Marga López Barreiro reafirmou o apoio de En Marea e da súa organización ás mobilizacións do día 4 de febreiro contra o anteproxecto de Lei de Saúde coa que o “goberno galego só pretende afondar na privatización da sanidade en detrimento da atención aos usuarios”.

15 comentarios sobre “En Marea esixe máis previsión e planificación á Xunta contra o colapso das Urxencias nos hospitais galegos”

  1. hello!,I love your writing very a lot! proportion we keep
    in touch more approximately your post on AOL? I
    need an expert in this space to resolve my problem.
    Maybe that is you! Looking ahead to look you.

  2. My brother recommended I would possibly like this website.
    He used to be entirely right. This publish
    actually made my day. You can not consider just how so
    much time I had spent for this info! Thank you!

  3. Excellent post. I was checking constantly this blog and I am impressed!
    Very helpful information particularly the last part 🙂 I care
    for such info much. I was looking for this certain info for a very long time.
    Thank you and best of luck.

  4. You really make it appear so easy with your presentation but I to find this matter to be really something which I feel I would never understand. It seems too complicated and very extensive for me. I’m having a look forward for your subsequent post, I will try to get the grasp of it!

  5. Your article made me suddenly realize that I am writing a thesis on gate.io. After reading your article, I have a different way of thinking, thank you. However, I still have some doubts, can you help me? Thanks.

  6. I may need your help. I tried many ways but couldn’t solve it, but after reading your article, I think you have a way to help me. I’m looking forward for your reply. Thanks.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *