Xustiza social, traballo digno e a cohesión territorial serán as liñas de traballo de En Marea en 2018
A xustiza social que salientou Villares terá que se traducir na mellora das condicións de vida da maioría social pasando polo mantemento dun sistema sanitario digno neste país e acabar coa pobreza enerxética entre outras cuestións e que o grupo parlamentario continuará a tratar no Parlamento nas vindeiras semanas.
En segundo lugar, En Marea loitará por que se garanta un traballo digno e con dereitos. “Abonda xa de precariedade laboral” salientou Luís Villares que está a lastrar o desenvolvemento do noso país e frustra tamén as expectativas de para exercer a paternidade e maternidade o que explica de xeito moi significativo o declive de poboación que estamos a vivir. “A única forma de acabar co problema demográfico é garantir o acceso aos servizos esenciais e emprego con dereitos en todo o territorio” afirmou o voceiro de En Marea.
Por último, Luís Villares salientou o compromiso de En Marea por continuar a traballar en favor da cohesión territorial. “Foi unha tomadura de pelo absolutamente irresponsable o que se fixo coa comisión de estudo dos lumes forestais, En Marea defendeu que se falara de territorio, produción e país no seu conxunto” declarou.
O voceiro de En Marea comprometeuse polo tanto a continuar con esta liña de traballo dentro do Parlamento pero, aínda máis importante, nas rúas do noso país. Un Parlamento no que “o PP está ebrio dunha maioría absoluta que lles impide no só chegar a acordos senón escoitar á cidadanía” e no que será En Marea a que como alternativa de goberno para o noso país defenderá e loitará por que sexa escoitada.
Alternativa de En Marea para o territorio
O voceiro referiuse tamén á serie de actos que En Marea está a levar a cabo polo territorio desde a vaga de lumes, na que se teñen xa realizado catro encontros comarcais nos que se está a presentar a alternativa territorial de En Marea. Actos que continuarán por outros tantos lugares afectados polos lumes para continuar despois nas cidades.
En Marea levará ademais as súas conclusións á comisión de estudo dos lumes aínda que “o PP non vaia a aceptar nada xa que se pensan en posición da verdade cando o que teñen é unicamente unha maioría acadada hai ano e medio e que hoxe sería outro resultado xa que á cidadanía está decepcionada co Partido Popular”.