Os afectados polas expropiacións do proxecto de mellora da seguridade vial na PO 549 entre Vilanova e Cambados poden presentar a partir de hoxe as alegacións oportunas, trala publicación hoxe no DOG.
A actuación incluirá medidas nas interseccións, novos pasos de peóns e a construcción dunha nova rotonda nos semáforos de Corvillón.
Para elo serán necesarias algunhas expropiacións que a Xunta valora en 53.000 euros, mentres que o orzamento total do proxecto elevarase aos 400.000 euros.
Está previsto que o período de alegacións ás expropiacións remate en febreiro, polo que a partir desa data poderán licitarse as obras.
Por certo que, o grupo parlamentario En Marea cualifica de “hipocresía política” a presentación do proxecto da nova rotonda na parroquia de Corvillón, en Cambados.
O grupo de esquerdas afirma que “a mesma proposta foi presentada por En Marea a través dunha emenda aos Orzamentos da Xunta e foi rexeitada cos votos en contra do PP”.
Segundo explica a formación, “a emenda nº 114 do grupo parlamentario de En Marea formulaba o desvío de 500 mil euros para a construción na estrada PO-549 á altura de Corvillón (Cambados), nun treito entre o cruzamento de Tragove e a rotonda que dá acceso á Vía do Salnés, un dos puntos de maior sinistralidade da rede viaria galega”.
“Comprobar que semanas máis tarde de ser rexeitada a súa proposta, a Xunta desvía 400 mil euros para a mesma obra rexeitada polo PP durante o debate orzamentario, é para En Marea outra mostra máis do fariseismo ao que nos ten acostumados o equipo de Feijóo, empregando a cotío os recursos públicos e as institucións para facer política partidaria no canto de gobernar para a xente”.
If this data is real, I am shocked.
cok guzel siteler bunlar
harika bir site olmus tebrikler iyi bonus veriyorsunuz.
Merhabalar deneme bonusu veren siteler burdadır.
Merhabalar deneme bonusu ve deneme bonusu veren siteler sayfamızdadır.