O voto en contra basease en primeiro lugar porque “é unha lei de abandono, non de acompañamento, aínda que si acompaña o abandono das responsabilidades da Xunta na definición das políticas públicas que Galiza necesita con urxencia. Acompaña o desleixo do Goberno do Partido Popular”.
A sesión plenaria na tarde do 19 de decembro arrancou coa tramitación do proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas. Neste punto foi o vicevoceiro de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez, o encargado de expor a postura do seu grupo rexeitando este texto lexislativo coñecido como Lei de acompañamento.
“Acompaña a desgana do presidente Feijóo á hora de achegar solución reais aos problemas que os cidadáns e cidadás galegas enfrontan hoxe e terán que enfrontar en 2018” afirmou Sánchez. Entre as ausencias destacou uns orzamentos ao servizo da igualdade e o impulso produtivo da nosa económica, favorecedores dun desenvolvemento sustentable ou á ordenación territorial, solidario para soster servizos nas comarcas do noso rural, preocupado por unha xestión social e ecolóxicas dos nosos recursos forestais, enerxético ou mineiros, pensados para a maioría social e non para a minoría depredadora, coa normalización da nosa cultura e a nosa lingua, comprometidos co ensino e a sanidade pública, e deseñados para resolver e non para aparentar que se fai.
“Non é unha lei de medidas fiscais e administrativas. É unha lei de enganos fiscais e trampas administrativas. É unha gran camuflaxe da incompetencia do autotitulado Goberno de bos xestores de Núñez Feijóo. Un pano de fume fiscal. Unha tapadeira propagandística. É fraude e ruído informativo” denunciou o vicevoceiro de En Marea.
Na súa intervención Sánchez incidiu na improvisación e confusión lexislativa poñendo como exemplo as emendas do grupo parlamentario do PP para promover a quinta modificación da Lei do solo. Quinta modificación en menos de dous anos como lembrou. “Máis espectacular imposible: emendas para facer ortopedias maiores na fabulosa Lei de Fomento das Iniciativas Empresarias aprobada hai un mes” declarou Antón Sánchez. “Sentido de país, ningún. Solidez lexislativa, nula. Decencia, moi pouca” engadiu.
“Viñeron a esta cámara a dar lección do bo goberno e sobre a excelencia das súas políticas forestais, de desenvolvemento rural e de ordenación do territorio pero as súas mentiras non se sosteñen. Que teñen que maquillalas con emendas. Que non teñen ningunha credibilidade. Constatan implicitamente e explicitamente o fracaso das súas políticas forestais, de ordenación do territorio, de fixación de poboación no rural, de xestión conxunta da superficie forestal, de montes veciñais…”afirmou Antón Sánchez.
Sánchez acusou ao PP de forzar con esta lei “o baleiro da acción pública negándose a planificar políticas públicas con rigor, con dotación de recursos e pensando na xente e a protección de desenvolvemento a rural economicamente diversificado”. “Vostede promoven subvencións, deducións e exencións fiscais e convidan a sentarse na mesa de reparto do botín a empresas depredadoras” denunciou. O vicevoceiro de En Marea rematou a súa intervención referíndose á maioría do PP que “usa para facer emendas ao servizo da mentira e da fraude. É un dos maiores calotes, un dos enganos máis soberbios da historia de Galicia, esa é a súa Gran Obra”.
[youtube https://www.youtube.com/watch?v=5z7UjSpFwtY&w=854&h=480]
This is my first time visit at here and i am genuinely pleassant to
read all at single place.
Its such as you learn my mind! You appear to know a lot approximately this, like you wrote the e book in it or something.
I think that you just can do with some % to pressure the message house
a bit, but other than that, that is magnificent blog.
A fantastic read. I’ll definitely be back.
Hello! I just would like to offer you a huge thumbs up for the great information you have here on this post.
I’ll be coming back to your site for more soon.
It is truly a great and useful piece of information. I’m glad that you just shared this helpful information with us. Please keep us up to date like this. Thank you for sharing.
Leading cryptocurrency exchange with over 1400+ cryptocurrencies & stablecoins such as Bitcoin ✓ Ethereum ✓ Dogecoin ✓ Start trading crypto with Gate.io now!
gate.io