SOMOS CAMBADOS MANIFESTA DE NOVO A SÚA LEALDADE AO PACTO DE GOBERNO PARA SEGUIR TRABALLANDO POLO BEN DOS VECIÑOS

Somos Cambados segue apostando polo diálogo para resolver os problemas, mellorar a coordinación e asumir corresponsabilidades sen imposicións

A Coordinadora de Somos Cambados, reunida onte á noite, acordou acudir á reunión da Comisión de Seguimento e Avaliación do Pacto de Goberno deste venres e a todas as reunións que se celebren, tal como vimos facendo dende o principio.

Nunca abandonaremos as nosas funcións como representantes políticos dos cambadeses. Sempre fomos coherentes cos nosos posicionamentos e leais co pacto de goberno, e seguiremos séndoo ata o final.

Somos Cambados mantivo en todo momento a tranquilidade, sendo responsables e non entrando en polémicas nin respondendo ás descalificacións recibidas, para intentar acadar unha solución consensuada.

Somos Cambados defende e respecta o Pacto de Goberno, que foi asinado por catro anos.

A nosa principal preocupación segue a ser a cuestión económica, sinaladamente o relativo ao control do gasto, pois o Concello está sometido a un plan económico-financeiro e debemos saír do mesmo o antes posible para poder continuar baixándolle os impostos aos veciños de Cambados.

Somos Cambados rexeita calquera estratexia para desestabilizar e desgastar o goberno municipal, no que non sobra ninguén pero tampouco ninguén está obrigado a permanecer nel se non quere.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *