Dende En Marea vimos de presentar unha emenda á totalidade, de devolución, ao Proxecto de Lei de Espectáculos públicos e actividades recreativas.
Podes consultar aquí o Proxecto de lei de espectáculos públicos e actividades recreativas: 20170915_Proxecto_Lei_espectáculos.docx (3 downloads)
E fixémolo porque carece do diálogo e o consenso esperables na primeira lei en regular este tipo de actividades no noso país.
O proxecto de lei de espectáculos públicos e actividades de Galicia parte dunha premisa errónea: pretende equiparar cultura con espectáculo. Deste xeito, mestura todo tipo de actividades culturais e recreativas sen diferenciación algunha respecto ao seu posible carácter lucrativo, cultural ou unicamente recreativo. É dicir, unha norma coma esta debería ser moito máis coidadosa para diferenciar segundo o tipo de actividade de que se trate.
Ademais, a falta de proporcionalidade do sistema de sancións que inclúe este proxecto de lei é evidente. Se o que move a apertura dun espazo ou a realización dunha actividade é o interese social, artístico ou cultural sen ánimo de lucro, non cabe a sanción económica como medida de persuasión para o cumprimento das obrigacións administrativas.
Finalmente, este proxecto de lei supón un paso máis no camiño do Partido Popular de reducir os dereitos democráticos que tantas décadas custaron lograr ao exixir comunicacións previas para todo tipo de actividade cultural. Tanto a esixencia de comunicación previa á autoridade administrativa competente como a autorización por parte da mesma para a realización de todo tipo de actividades artísticas, culturais e recreativas, supón un exceso de control inaceptable por parte da administración da liberdade e independencia de creación, difusión e exhibición artística e cultural realizada en espazos privados abertos á concorrencia de público cando non hai ánimo de lucro nin risco algún para persoas ou bens; máxime cando, en caso de habelos, quedarían perfectamente cubertos pola actual lexislación en materia de responsabilidade civil e penal.
I simply could not depart your site prior to suggesting that I really loved the standard info a person supply in your guests? Is going to be back ceaselessly to check up on new posts