En Marea anima ao Goberno galego a asumir os erros, retirar o plan de transportes e elaborar un verdadeiro plan con participación, dialogado e adecuado para Galicia

O vicevoceiro de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez, pediu á Xunta de Galicia que asuma os erros cometidos no plan de transporte e o retire para elaborar desde cero, con participación e dialogando con Concellos, sindicatos e a comunidade educativa, un verdadeiro plan que dea solución ao problema do transporte no noso país. “Aínda estamos a tempo” asegurou Sánchez xa que a aprobación do plan definitivo non está previsto ata verán do 2018.

Na súa intervención o vicevoceiro de En Marea salientou o fracaso que supuxo a implantación da primera fase deste plan de transportes do Goberno galego que provocou multitude de queixas e un caos que como xa denunciou En Marea en numerosas ocasións “era previsible”. Unha falla de previsión que deixa en evidencia a incapacidade de xestión da Xunta de Galicia que optou por un plan que non só non se adapta ás necesidades de Galicia senón que empeora aínda máis a situación deixando comarcas rurais totalmente incomunicadas.

Antón Sánchez criticou a falla total de diálogo cos Concellos asegurando que o único que houbo foi un cuestionario de catro follas para todos igual independentemente de que tiveran 1.000 habitantes ou 10.000 habitantes. Unhaparticipacion que tampouco co resto de axentes implicados. “A realidade desta improvisación son horarios e liñas irracionais” salientou Sánchez.

As numerosas queixas que se están a recibir chegan á Dirección Xeral de mobilidade, “totalmente desbordada”, que o que fai e dar autorización aos Concellos para que de xeito provisional acorden coas empresas liñas e horarios.“A direción xeral está desbordada porque non tivo nunca recursos suficientes e porque tivo en 4 nos catro directores xerais diferentes o que demostra a súa improvisación” explicou o viceportavoz de En Marea.

“A primeira fase xa non ten remedio, a veciñanza ten que se apañar como poidan pero aínda hai oportunidade para aprobar en verán de 2018 un plan de transportes mellor para o que é preciso recoñecer erros e sentarse a falar con cada Concello e patear o país, non sirve un trabalo de despacho e Google maps” concluíu Antón Sánchez.

1 pensamiento sobre “En Marea anima ao Goberno galego a asumir os erros, retirar o plan de transportes e elaborar un verdadeiro plan con participación, dialogado e adecuado para Galicia”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *