O grupo insta ao Goberno galego cara orientar todo o orzamento galego para que a igualdade sexa unha realidade. Para o cal terá que darse un proceso gradual de transversalidade e incremento todos os anos do orzamento, e como mínimo un 1 por cento do conxunto do orzamento será destinado a políticas específicas contra as violencias machistas. A deputada Paula Quinteiro sinalou a necesidade de elaborar plans estratéxicos e protocolos de coordinación cunha metodoloxía moito máis participativa na que se inclúa como axente fundamental ao movemento feminista galego
A deputada de En Marea no Parlamento, Paula Quinteiro, ante os datos que recolle o IX Informe anual do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller 2105, amosan que estamos moi lonxe de erradicar esta lacra. As oito mulleres asasinadas no ano 2015 sitúan a Galicia como a Comunidade Autónoma con maior taxa de feminicidios a nivel do Estado español en relación ao número de poboación.
Dende abril do ano 2014 ata xullo deste mesmo ano, o noso país acolleu 19 xuízos por asasinatos, sendo a metade dos casos de violencia machista. En total, os crimes por violencia machista xulgados neste período cobráronse 12 vítimas, e en todos estes xuízos os acusados foron condenados. Pese a isto, o noso país sitúase como unha das comunidades autónomas con menor porcentaxe de xulgados especializados de violencia sobre a muller, con só dous xulgados exclusivos, o 4,4 por cento.
Seguindo o IX Informe Anual do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller 2015, entre 2003 e 2015 producíronse en Galicia 49 asasinatos machista. Se temos en conta a taxa de feminicidios por millóns de mulleres a partir de 15 anos, o noso país sitúase por baixo da media estatal para o período cun 3,6 pero en 2014-2015 a taxa aumenta a 4,7 e 6,4 respectivamente, o que deixa neste último ano a Galicia como a que rexistrou unha maior taxa de feminicidios en relación á poboación.
O pasado ano, foron tres as vítimas mortais, ás que se engade unha muller máis no que levamos de ano. Compre sinalar ademais que Pontevedra colócase por riba da media estatal en todo o período chegando a unha taxa de 14 por cada millón de habitantes en 2015.
Ante os datos para o grupo de En Marea resulta imprescindible garantir a protección das mulleres poñendo en marcha máis medidas dotadas de orzamento, xa que as cifras amosan que, en 10 anos despois da aprobación da Lei 11/2007 de 27 de xullo para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, a súa efectividade dista de ser completa. Moitas mulleres seguen estando nunha situación de desprotección, denunciantes ou non, ante os seus agresores reclamou Paula Quinteiro.
En Marea asegura que non se está a facer fronte ás violencias machistas, xa que o s datos de Galicia seguen sendo arrepiantes. Segundo o IX Informe anual do Observatorio estatal da Violencia sobre a muller 2015, entre 2003 e 2015 producíronse en Galicia 49 asasinatos machista. Esta é tan só a punta do iceberg, xa que as mulleres galegas sofren diariamente moitas formas de violencia en ámbitos moi diversos polo simple feito de seren mulleres, aínda que en moitos casos estas estean invisibilizadas e pasen desapercibidas denunciou Paula Quinteiro. Na posta en marcha destas medidas precisamos da implicación de toda a sociedade, pero o movemento feminista debe xogar un papel central na análise e na busca de solucións para a situación na que nos atopamos. Pese a isto, a Xunta segue obviando a necesidade de introducir a perspectiva feminista de xeito transversal.
Por todo o anterior, En Marea insta ao Goberno galego a poñer todas as medidas necesarias para previr e actuar decididamente contra todas as formas de violencia machista. O reto como sinalou a deputada Paula Quinteiro, pasa por orientar todo o orzamento da Xunta de Galicia para que a igualdade sexa unha realidade, a través dun proceso gradual de transversalidade, pero paralelamente incrementando o orzamento para establecer todos os anos como mínimo un 1 por cento para políticas específicas destinadas á loita contra as violencias machistas ata que mude a realidade.
Así mesmo, o grupo parlamentario insta á elaborar os plans estratéxicos e protocolos de coordinación cunha metodoloxía moito máis participativa, incluíndo sempre como axente fundamental ao movemento feminista galego. Todas as medidas contempladas nestes terán que vir acompañados dunha orzamento, temporalización e indicadores claros de avaliación e seguimento.
After reading your article, it reminded me of some things about gate io that I studied before. The content is similar to yours, but your thinking is very special, which gave me a different idea. Thank you. But I still have some questions I want to ask you, I will always pay attention. Thanks.
Your article helped me a lot, is there any more related content? Thanks! https://www.binance.com/sv/register?ref=V2H9AFPY