CURSO GRATUITO DE ATENCIÓN E APOIO PSICOSOCIAL DOMICILIARIO

Cambados pon en marcha un «Curso de atención e apoio psicosocial domiciliario», organizado pola empresa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), Idades, e a Concellería de Servizos Sociais.

O obxectivo é formar a 15 persoas que se comprometan a traballar na asistencia domiciliaria, debido á falta de persoal cualificado e o aumento da poboación que precisa este tipo de servizos.

En concreto, en Cambados son 60 usuarios os que están recibindo a atención domiciliaria.

O curso é gratuito e comezará o 16 de outubro en Exposalnés con 130 horas entre teóricas e prácticas, que se impartirán os luns, mércores e xoves. O prazo de inscripción está aberto ata o día 9 de outubro.

A iniciativa presentouse esta mañá no salón de plenos de Cambados, coa presencia do concelleiro de Somos Cambados, Tino Cordal, e a representante da empresa, Diana Eirín, e a coordinadora de Servizos Sociais, María Casal.

Fonte: Arousa Si Radio

1 pensamiento sobre “CURSO GRATUITO DE ATENCIÓN E APOIO PSICOSOCIAL DOMICILIARIO”

  1. Undeniably believe that which you stated. Your favorite justification seemed to be on the net the simplest thing to be aware of. I say to you, I certainly get irked while people consider worries that they just do not know about. You managed to hit the nail upon the top and also defined out the whole thing without having side effect , people could take a signal. Will probably be back to get more. Thanks

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.