A TRANSPARENCIA NAS OBRAS DO POLIGONO CONSIGUEN GRANDES AFORROS

A oferta que maior puntuación obtivo das 15 presentadas nas obras do Polígono presenta unha redución de 18.120,43€ no prezo de licitación, unha redución de prazo de 50 días e a realización das melloras valoradas en 28.890,00€. O Concello de Cambados tamén licita as obras do Parque Infantil de Beleco por importe de 35.000€.

O Concello de Cambados ven de publicar na web municipal e no portal de Transparencia de Cambados, a acta da mesa de contratación das obras de dotación de Infraestruturas no Polígono Industrial do Salnés. Para esta obra cun importe de licitación inicial de 172.740,00€ presentáronse un total de 15 empresas, sendo proposta pola mesa de contratación a oferta presentada pola mercantil Marconsa, xa que foi a que maior puntuación obtivo das 15 ofertas presentadas, e na que propón unha redución de 18.120,43€ no prezo de licitación, unha redución de prazo de 50 días na execución das obras e a realización das melloras valoradas en 28.890,00€ que son a instalación dun xardín nun talude do Polígono de Ribadumia, e a instalación de dúas pantallas dixitais de 4×2 metros en Cambados e Ribadumia para dar información e anunciar as empresas instaladas no polígono, como mellora dos totem proxectados.

Os concello de Cambados e Ribadumia de maneira coordinada e conxunta, deciden aproveitar os recursos procedentes da convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria para levar a cabo a dotación de determinadas infraestruturas dentro da área industrial de O Salnés, co obxecto de mellorar o entorno industrial, favorecendo o desenvolvemento do traballo e a implantación das empresas. A razón pola que os dous concellos deciden acollerse aos beneficios desta convocatoria, fundaméntanse en que as zonas industriais dos dous concellos forman na realidade unha area industrial conxunta e que as obras que se proxectan manteñen unha continuidade entre as zonas que pertencen aos dous concellos. Na parte do Polígono que corresponde ao Concello de Cambados hai unha evidente necesidade de pintado dos viais e de sinalización das rúas do polígono así como da empresas implantadas no mesmo. Ademais preténdese a preparación e asfaltado dunha zona de aparcamento na parcela onde está situado o viveiro de empresas.

Por outra parte, na zona do entorno industrial correspondente ao Concello de Ribadumia, é preciso a dotación de novas beirarrúas, así como a limpeza e construción dunha senda peonil a carón da estrada PO-300 que limita con ambos polígonos. Ademais, tamén se pretende realizar unha mellora na pintura dos viais e a indicación das empresas implantadas no polígono. Así como a colocación de biondas de protección en dous viais con risco de caídas de vehículos.

Con estas obras mellorase sensiblemente o entorno industrial, mellorando a información e sinalización do parque empresarial de O Salnés, favorecendo o desenvolvemento industrial da zona.

Anunciase a Licitación das Obras do Parque Infantil de Beleco.

O Concello de Cambados tamén ven de publicar na web municipal e no portal de Transparencia de Cambados, o anuncio de licitación de obras do Parque Infantil de Beleco. Con esta publicación deste anuncio de licitación pretendese reducir os custes das obras a realizar nas mesmas e primar a igualdade de oportunidades e a competencia entre os licitadores, sendo estas subvencionadas ao 100% con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. As empresas interesadas en tomar parte no procedemento de contratación, deberán presentar a súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 13 de outubro de 2017 (venres) en horario de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres. As obras teñen un prezo de licitación de 35.000€ e o prazo previsto de execución é de un mes.

Vaise crear nesa praza un espazo reservado para cativas e cativos. Para iso, colocarase un peche perimetral cun valado coloreado, un chan de caucho para amortiguar posibles caídas e uns elementos de recreo, dende os máis tradicionais (columbios e múelles) ata os máis novidosos (castelo e telaraña), integrando os dous xa existentes de locomotora e vagón de tren. Ademais de seis novos elementos de recreo, instalarase tamén unha pequena pista deportiva cunha extensión de dez por cinco metros.

Este barrio de Cambados foi gañando poboación nos últimos anos grazas á construción de varios edificios de vivendas familiares nesa contorna. Precisamente, varios veciños desta zona estaban a demandar nos últimos meses a actuación do concello na praza. O concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal, cre que a instalación dun parque infantil en Beleco contribuirá a mellorar as condicións de vida das familias con nenas e nenos que habitan alí.

 

2 comentarios sobre “A TRANSPARENCIA NAS OBRAS DO POLIGONO CONSIGUEN GRANDES AFORROS”

  1. I am sorting out relevant information about gate io recently, and I saw your article, and your creative ideas are of great help to me. However, I have doubts about some creative issues, can you answer them for me? I will continue to pay attention to your reply. Thanks.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *