O Consello de Contas recoñece a mala xestión dos fondos europeos por parte da Xunta de Galicia

Antón Sánchez denunciou o despilfarro que o Goberno está a facer destes fondos como se extrae dos informes de fiscalización do Consello de Contas do ano pasado

O Conselleiro Maior, José Antonio Redondo López, recoñeceu ao grupo de En Marea a mala xestión dos Fondos europeos por parte do Goberno galego, conclusión que ben recollida tamén nos informes de fiscalización do sector público de Galicia e a fiscalización da Conta xeral que presentou en comisión parlamentaria. O vicevoceiro de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez, denunciou na súa intervención o “despilfarro de fondos europeos” recollido nestes informes que asegurou “debería poñer vermellos ao Goberno galego” ao se constatar a súa capacidade de xestión. Redondo na quenda de resposta aos grupos parlamentarios, corroborou a afirmación feita polo vicevoceiro de En Marea recoñecendo esta mala execución que dixo espera sexa corrixido pola Xunta.

Na presentación da Memoria de actividade de 2016 e os informes de fiscalización do sector público de Galicia que conteñen a fiscalización da Conta Xeral do Goberno galego, o grupo de En Marea puido comprobar que un ano máis repítense as mesmas recomendacións por parte do Consello de Contas sen que a Xunta de Galicia faga absolutamente nada para cumprir algunha delas. O vicevoceiro de En Marea lamentou a actitude do Goberno galego facendo oídos xordos as cuestións sinaladas ano tras ano por este órgano o que deixa en evidencia así mesmo a pouca consideración e respecto que ten polo seu traballo.

4 comentarios sobre “O Consello de Contas recoñece a mala xestión dos fondos europeos por parte da Xunta de Galicia”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *