ASAMBLEA ABERTA DE SOMOS CAMBADOS

SOMOS CAMBADOS reúne a súa asemblea este sábado no Salón de Actos de ExpoSalnés a partir das 18:00 horas.

Na orde do día figuran os seguintes puntos:

1.- Resumo da anterior Asemblea
2.-Traballo realizado no Concello de Cambados
3.- Orzamento Municipal 2017 e propostas da Asemblea
4.- Rendición de Contas Somos Cambados, devolución préstamos campaña
5.- 30 meses de Somos Cambados e nova web
6.- Manifestación do 29 de Setembro da Plataforma en Defensa da Sanidade Publica do Salnés

A asemblea comezará coas intervencións dos concelleiros Tino Cordal e Xurxo Charlín que darán conta do traballo realizado no Concello nos últimos meses. Posteriormente, expoñerase publicamente os Orzamentos do Concello de Cambados do exercicio 2017, e expoñeranse o documento para o seu debate entre os asistentes, así como se tera en conta as propostas da Asemblea para trasladar o Grupo municipal de Somos Cambados.
No seguinte punto da orde do día da asemblea de SOMOS CAMBADOS é o relativo rendición de Contas da Campaña Electoral e a devolución dos prestamos que realizaron as persoas para financiar a Campaña electoral das municipais, e unha vez que se recibiron os cartos da Xunta Electoral Central, proceder a devolución dos empréstitos, cabe lembrar que Somos Cambados non se financia a través de ningunha entidade financeira e que fixo públicas as contas da campaña electoral, sendo o único partido que fixo publica as contas da campaña electoral das pasadas eleccións municipais en Cambados.

Presentación CandidaturaNa asemblea tamén se abordará as actividades a realizar dos 30 meses de Somos Cambados que se celebraran no vindeiro mes de outubro, e presentarase o novo deseño da web de Somos Cambados. Comunicaráselles aos asistentes á asemblea a información que se dispón sobre a Manifestación do 29 de setembro da Plataforma en Defensa da Sanidade Publica do Salnés que se vai celebrar en Vilagarcía de Arousa en defensa da Area Sanitaria do Salnés, e da campaña informativa que se esta a realizar e na participación da mesma de SOMOS CAMBADOS.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *