A creación de emprego segue sendo a principal prioridade do Goberno local
O Concello de Cambados procederá nos próximos días á contratación de cinco veciños perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) para realizar traballos de conservación e mantemento do conxunto histórico-artístico e os principais parques de Cambados, entre outros cometidos. O programa de contratación temporal de persoas en risco de exclusión social ten como obxectivo facilitar o acceso ao mercado laboral dos veciños con menos recursos.
As persoas contratadas traballarán desde este mes de setembro e terán un contrato de sete meses, cunha dedicación do 75 % da xornada ordinaria. A Consellería de Economía aporta ao Concello unha partida de máis de cincuenta mil euros para este programa de inserción laboral, no que teñen preferencia os maiores de 45 anos, persoas con cargas familiares e demandantes que teñan asignado un proxecto de inserción laboral.
Publicado o Listados Provisionais do Obradoiro de Emprego
O concello de Cambados tamén ven de publicar no portal de transparencia o listado provisionais do órgano de selección, formado por Funcionarios da Consellería de Economía, Emprego e Industria, xunto técnicos municipais e os baremos do proceso de selección, para a contratación temporal de persoal para o proceso de selección do persoal directivo, docente, persoal de apoio e de Traballadores-Participantes do Obradoiro de Emprego “Renovación urbana e medioambiental Cambados, Cidade Europea do Viño”.
Aos candidatos que se seleccionan estes días esixíuselles que estean anotados nas oficinas de emprego. Ademais, o proceso dá prioridade ás persoas beneficiarias da Renda de Integración social de Galicia (Risga), que comprende a mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos, traballadores que esgotaron as prestacións ou subsidios por desemprego, parados de longa duración, maiores de 45 anos, solicitantes con discapacidade ou en risco de exclusión social e persoas sen titulación universitaria ou de FP de grado superior.
Favorecer a inserción laboral
O Obradoiro de Emprego comezará en setembro, e terá unha duración 9 meses. O Portavoz municipal e concelleiro de Somos Cambados, Xurxo Charlín, destacou que os desempregados seleccionados “vanse formar nun oficio mentres realizan obras ou prestación de servizos de interese social, que posibiliten unha formación profesional para ou emprego e a súa posterior inserción laboral”. Tamén resaltou que os participantes recibirán unha vez terminada a actividade un certificado de profesionalidade que terá validez en todo o Estado, destacando que “a creación de emprego segue sendo a principal prioridade do Goberno local» e que neste campo faránse todos os esforzos e impulsará, como vén facendo, todas as iniciativas que faciliten a creación de postos de traballo en Cambados.
I have read your article carefully and I agree with you very much. So, do you allow me to do this? I want to share your article link to my website: gate.io
Howdy! Someone in my Facebook group shared this website with us so I came to take a look. I’m definitely enjoying the information. I’m bookmarking and will be tweeting this to my followers! Fantastic blog and excellent design and style.
I am sorting out relevant information about gate io recently, and I saw your article, and your creative ideas are of great help to me. However, I have doubts about some creative issues, can you answer them for me? I will continue to pay attention to your reply. Thanks.