OS VECIÑOS DO SALNÉS NON QUEREMOS UN HOSPITAL DE INFERIOR CATEGORÍA

O debate na xunta da mancomunidade do Salnés evidencia que só o Partido Popular esta en contra de defender a Área Sanitaria do SalnésDesde SOMOS CAMBADOS queremos pedirlle ao Partido Popular da comarca do Salnés que se poña do lado dos veciños e que se deixen de “demagoxias” que só buscan confundir e desmobilizar aos colectivos que están a traballar en defensa da Área Sanitaria do Salnés. Debería reclamar máis e mellores servizos no Hospital do Salnés e non apostar por un anteproxecto de Lei que aboca a desaparición da Área Sanitaria do Salnés.

 

Nós temos moi claro neste conflito do lado que hai que estar, do mesmo no que estivo sempre SOMOS CAMBADOS, na defensa dos dereitos dos cidadáns do Salnés a ter unha atención sanitaria de calidade e cunha carteira de servizos o máis completa posible. Porque o novo Anteproxecto de Lei pretende converter o Hospital do Salnés nunha mera “sucursal” do de Pontevedra, abrindo a porta a restarlles especialidades e servizos, e ter menos orzamento, o que redundará na calidade da atención. NON PODEMOS PERMITILO, OS VECIÑOS DO SALNÉS NON QUEREMOS UN HOSPITAL DE INFERIOR CATEGORÍA.

Cada vez máis institucións do Salnés estanse sumando ao rexeitamento do anteproxecto para modificar a Lei 8/2008 de Saúde de Galicia porque non queren que desaparezan recursos, especialidades e profesionais, nin que se despexe o camiño á privatización.

A supresión da Área Sanitaria do Salnés afastará a resolución de problemas de saúde da cidadanía, porque con menos medios nos hospitais comarcais a alternativa será desprazarse aos grandes hospitais, mentres se acelera a marxinación dos centros de saúde de atención primaria.

O Partido Popular está a quedar só en toda a comarca como único defensor da supresión da Área Sanitaria do Salnés, algo que quedou evidenciado no pleno da Xunta da Mancomunidade. A votación de onte debería servirlle ao PP para non intentar facer ostentación dunha maioría que non ten na nosa comarca, e ao Sr. Duran para non esquecer que exerce una presidencia en funcións.

SOMOS CAMBADOS seguirá traballando coa PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DO SALNÉS a prol da nosa área sanitaria e do noso hospital, e para conseguir a retirada do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia.

1 pensamiento sobre “OS VECIÑOS DO SALNÉS NON QUEREMOS UN HOSPITAL DE INFERIOR CATEGORÍA”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.