A CONCILIACIÓN REDUCE AS RECLAMACIÓNS NA OFICINA DE CONSUMO DE CAMBADOS

A meirande parte das reclamacións presentadas na oficina de Consumo son de empresas de servizos de Telefonía e de subministro eléctrico. Tamén se atenderon queixas polos abusos bancarios e polos recortes no Centro de Saúde. 

A Oficina de Consumo de Cambados leva presentadas un total de 42 reclamacións no que vai de ano perante o servizo provincial de consumo, estes datos redúcense en comparación coas reclamacións presentadas no exercicio 2016 que dende Marzo ata Decembro dese ano foron remitidas un total de 56 queixas perante o Servizo Provincial.
foto-electricasA meirande parte das reclamacións presentadas en na oficina de Consumo son de empresas de servizos de Telefonía e de subministro eléctrico, así en Cambados presentáronse un total de 19 reclamacións por discrepancias relacionadas coa contratación ou co servizo de telefonía, inda que tamén se presentaron 10 reclamacións contra empresas subministradoras de enerxía eléctrica, neste caso as queixas que se presentaron son principalmente pola instalación dos novos contadores, a excesiva potencia contratada nos fogares, que incrementa considerablemente o custe do servizo, ou as regularizacións realizadas en aplicación do Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor, motivada pola nova metodoloxía aprobada polo goberno para calcular os custes de comercialización.
Tamén se presentaron reclamacións en menor medida contra talleres de reparación de vehículos a motor, empresas de transporte de mercadorías e de viaxeiros, marcas de roupa por produtos defectuosos e mesmo unha inmobiliaria que se negou a devolver o importe da fianza unha vez que rematara o contrato de aluguer.
Todas estas reclamacións foron presentadas perante o Servizo Provincial de Consumo o non ser capaz a oficina municipal de chegar a un acordo de conciliación entre o consumidor e a empresa que vende ou presta o servizo, algo que pola contra, segundo explica o concelleiro de Somos Cambados, Xurxo Charlín,  «si acontece na gran maioría dos casos coas reclamacións que se presentan co pequeno comercio local, xa que tódalas reclamacións que se presentan neste servizo municipal de consumo, trátanse de solucionar mediante a conciliación previa a remitilo ao servizo de mediación», así as reclamacións que se presentan contra os pequenos comercios de Cambados, mesmo se despraza o técnico municipal o comercio para tentar buscar unha solución mediante un acto de conciliación, xa que nos pequenos comercios e máis habitual que se produza “motu proprio” que coas grandes marcas e cadeas comerciais, motivo polo que se crean este tipo de oficinas municipais e que en Cambados presta servizo tamén o concello de Ribadumia, inda que tamén se teñen atendido casos de concellos limítrofes como Meaño e Meis.

Reclamacións Bancarias e queixas polos recortes no Centro de Saúde

img_4414Outro dos servizos que se prestou nesta Oficina Municipal de Atención o Consumidor neste exercicio e que tivo numerosas consultas, foron as reclamacións presentadas polos abusos bancarios e as cláusulas chan, xa que foi máis dun centenar de veciñas e veciños de Cambados aos que se lle prestou servizo de asesoramento a cargo do Concelleiro de Economía, Xurxo  Charlín; primeiro para consultar se as súas hipotecas tiñan este tipo de produto bancario, xa que descoñecían se as súas hipotecas estaban suxeitas a este tipo de cláusulas abusivas, e posteriormente, unha vez que os consumidores presentaban as reclamacións nas entidades financeiras, acudían a Oficina de Consumo a consultar si as cantidades que o banco lles propoñía como abono polas cantidades cobradas de máis en aplicación destas cláusulas abusivas eran correctas, realizándoselle un calculo individualizado a cada un dos veciños que solicitasen a prestación do servizo.
img_4651A Oficina de Consumo de Cambados leva meses tamén recibindo as queixas dun gran número de veciños polos recortes no centro de saúde do municipio. A ausencia de médicos, o atraso na elaboración de receitas, os peches do centro e os recortes nos horarios ou a espera que teñen que sufrir para recibir atención médica están provocando que, cada vez máis, os veciños recorran ao Concello para trasladar as súas queixas. Dende a Oficina de Consumo remitimos a estes veciños a que presenten as queixas nas oficinas de atención o paciente xa que entendemos que esta situación está afectando aos veciños, pero tamén aos médicos e ao persoal sanitario, que se senten impotentes para afrontar a situación. Ata o momento, ao Concello chegaron queixas, sobre todo, pola ausencia de médicos no centro de saúde, o peche do centro polas tardes, a redución de horario e a falta de persoal. Queixas que foron trasladas mesmo ao Parlamento Galego da man das Deputadas de En marea pola iniciativa do Concelleiro de Sanidade e Portavoz de Somos Cambados, Tino Cordal.
Os usuarios do centro de saúde reclaman na oficina de consumo que non se cobren vacantes, nin vacacións, nin baixas, de maneira que algúns profesionais, saturados xa cos seus propios pacientes, teñen que facerse cargo ademais dos enfermos dos seus compañeiros.

 

3 comentarios sobre “A CONCILIACIÓN REDUCE AS RECLAMACIÓNS NA OFICINA DE CONSUMO DE CAMBADOS”

  1. I was very pleased to find this web-site.I wanted to thanks for your time for this wonderful read!! I definitely enjoying every little bit of it and I have you bookmarked to check out new stuff you blog post.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *