Tino Cordal presentará na Mancomunidade a proposta en defensa da Area Sanitaria e dos servizos que se prestan no Hospital do Salnés. Lembra que o PP non ten maioría no Pleno da Mancomunidade
Desde SOMOS CAMBADOS logo de ver as “pseudo-explicacións” expresadas polo presidente da Mancomunidade do Salnés, Sr. Gonzalo Durán, sobre a xuntanza mantida este semana con representantes do SERGAS e da Consellería de Sanidade, en relación ao Anteproxecto de Lei que modificará a Lei de Saúde de Galicia; así como sobre as condicións en que se solicitou a devandita xuntanza, temos que decir que non nos parecen para nada xustificativas da súa actuación e seguimos a reafirmarnos nos argumentos xa expresados polo noso compañeiro e Concelleiro de Sanidade do Concello de Cambados, Tino Cordal.
Consideramos que Gonzalo Durán extra limitouse nas funcións que ten asignadas o seu cargo como Presidente, para máis INRI en funcións, da Mancomunidade de Concellos do Salnés, actuou totalmente “por libre”, e fíxoo ademais mesturando intencionadamente cargo coa súa adscrición Política ao Partido Popular.
Como membro do PP, o Sr. Durán ten dereito a xuntarse con quen o queira recibir, pero como representante da Mancomunidade debe actuar con arranxo e respecto ao seu cargo institucional….. de aí que deba aclarar baixo que criterios e obxectivos se solicitou a xuntanza.
Se a convocatoria foi para a “executiva” da Mancomunidade, en que xuntanza da executiva se acordou solicitar esa xuntanza e a quen se ía convocar a mesma??. E sobre todo, porque na xuntanza estaban Concelleiros, como o Sr. Luis Aragunde do PP de Cambados, que non pertencen a ese órgano???. Pola contra, se a xuntanza era para todos os representantes do Pleno da Mancomunidade, por que non se convidou a todos os Concelleiros???. Rizando o rizo, se a xuntanza era ”aberta”, e dicir, que o Sr. Durán convidou a quen quixo…., terá el que explicar por que non convidou a mesma os colectivos de pacientes e traballadores afectados pola norma???.
Por outro lado, debería explicar tamén a que se debeu e que obxectivos pretendía con esta xuntanza… convocada de urxencia xusto días despois de que se anuncie unha campaña en defensa dos servizos do Hospital do Salnés. Vai actuar sempre desta forma, e con esta “dilixencia” en todos os conflitos que haxa entre os veciños e Concellos coa Xunta de Galicia?????. Esperamos unha pronta xuntanza coa Dirección Xeral de Transporte para discutir os problemas que da nova Lei do transporte público na comarca, ou coa Consellería de Educación para expoñer as deficiencias nos Colexios Públicos antes do inicio do curso escolar. Ou tamén unha reunión co seu homologo da Dirección xeral de Portos de Galicia, para apoiar as demandas de Concellos do Salnés en relación ao cobro de taxas e a cesión de terreos xa sen uso portuario. Se Gonzalo Durán quere exercer ese papel, que o asuma para todo, que non actúe só na defensa dos intereses do Partido Popular.
TINO CORDAL PRESENTARA A MOCIÓN EN DEFENSA DA ÁREA SANITARIA NA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS
Desde SOMOS CAMBADOS queremos pedirlle ao Sr. Gonzalo Durán que se poña do lado dos veciños e que se deixe de “demagoxias” que só buscan confundir e desmobilizar. Non se pode afirmar “alegremente” que algúns desexan ir mellor ao Hospital de Montecelo, cando el sabe ademais que xusto ese non cambia no novo Anteproxecto de Lei, a asignación de pacientes seguirá a ser a mesma, OS VECIÑOS DE VILANOVA SEGUIRAN TENDO QUE ACUDIR AO HOSPITAL DO SALNÉS E SÓ A MONTECELO PARA AQUELAS ESPECIALIDADES QUE NON HAXA NO SALNÉS. Polo tanto máis lle valería apostar por reclamar máis e mellores servizos no Hospital do Salnés e non mentirlle aos veciños.
Nós temos moi claro neste conflito do lado do que hai que estar, do mesmo do que estivo sempre SOMOS CAMBADOS, na defensa do dereito dos cidadáns do Salnés a ter unha atención sanitaria de calidade e cunha carteira de servizos o máis completa posible. Por iso sabemos que o novo Anteproxecto de Lei pretende converter o Hospital do Salnés nunha mera “sucursal” do de Pontevedra, abrindo a porta a restarlles especialidades e servizos, e ter menos orzamento o que redundara na calidade da atención. NON PODEMOS PERMITILO, OS VECIÑOS DO SALNÉS NON SOMOS DE SEGUNDA CATEGORÍA.
Visto que o Presidente da Mancomunidade, non o ve así, e quixo utilizar o seu cargo para xustificar a medida que quere levar adiante o seu Partido Político e polo que o Concelleiro Tino Cordal presentará a moción en Defensa da Área Sanitaria do Salnés na Mancomunidade do Salnés, para o seu debate no Pleno. SOMOS CAMBADOS lembra que o PP non ten maioría no Pleno da Mancomunidade polo que espera que a moción saia adiante e así o ente comarcal se posicione do lado dos veciños.
Xa para rematar, toda esta situación ten aínda máis gravidade se temos en conta a profesión do alcalde de Vilanova. Podemos sospeitar tamén que igual a súa “rápida” actuación en contra do criterio dos profesionais sanitarios do Hospital do Salnés e pretendendo xustificar a Consellería de Sanidade e o SERGAS neste conflito igual ten que ver co seu desexo de “quedar ben” diante dos seus “xefes”, buscando puntos por se nun futuro, igual próximo, ten que voltar a súa actividade profesional.
thanks you very good
tesekkur ederiz bu guzel link icin kardess
thanks you very good guzel site
harika deneme bonusları veriyor
скільки буде тривати війна в україні 2022 в той день коли закінчиться війна коли закінчиться війна в україні 2022 передбачення
Бетмен онлайн Бетмен фільм Дивитись онлайн Бетмен
http://bitly.com/legenda-destan-vse-serii
http://bit.ly/legenda-destan-vse-serii
https://bitbin.it/xUNGaaQL/
https://t.me/holostyaktntofficial2022
Выживший
Капитан Филлипс
Безумный Макс
Гарри Поттер и Дары Смерти
Вечер с Владимиром Соловьевым
Отрочество
Главный герой
Во все тяжкиеё
Скажене Весiлля 2
Человек-паук Вдали от дома
12 лет рабства
Аквамен
Филомена
На пятьдесят оттенков темнее
Гонка
Хранитель времени