Tino Cordal reclama a Xunta de Galicia que se manteña o horario de consultas e os servizos habituais no verán do Centro de Saúde de Cambados

img_4651– A non substitución do persoal médico afecta a servizos tan sensibles como pediatría, non habendo pediatra a disposición das familias durante boa parte da semana e estando este operativo en horario reducido.

– Tino Cordal oponse á redución de persoal e horarios no Centro de Saúde de Cambados decidida polo Sergas.

Nos últimos anos, a escasa cobertura de prazas por baixa, xubilación ou vacacións nos centros de saúde de atención primaria galegos ten provocado, entre outras cousas, un aumento das listas de espera para as consultas e un deterioro na prestación da atención primaria. Estes problemas de escaseza de recursos humanos nos centros de saúde de atención primaria xa foi denunciado en reiteradas ocasións desde os Colexios Oficiais de Médicos de Galicia.

O problema non se cingue exclusivamente á falta de médicos pois desde hai tempo non se substitúe tampouco ao persoal de enfermería de atención primaria en período de vacacións, o cal repercute negativamente na prestación do servizo de atención primaria, sendo as enfermeiras e enfermeiros operativos as/os que asumen as/os pacientes do persoal en vacacións durante o período que duren as mesmas.

No caso do Centro de Saúde de Cambados, a non substitución do persoal médico afecta a servizos tan sensibles como pediatría, non habendo pediatra a disposición das familias durante boa parte da semana e estando este operativo en horario reducido.

Por outra banda, esta carencia de recursos humanos non emendada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) está a afectar tamén aos horarios de atención ao público, que se restrinxe considerablemente durante a época estival, de maneira que o servizo de atención primaria non existe practicamente pola tarde, estando unicamente operativo o Punto de Atención Continuada (PAC) que atende soamente as urxencias.

Así, a redución de horario motivada pola escaseza de persoal, deixa sen consulta de tarde a parte da veciñanza e trae consigo unha sobrecarga de traballo para o PAC, onde desde hai semanas xa se percibe un aumento no número de pacientes. Ademais, moitos destes veciños e veciñas que tiñan consulta pola tarde teñen que ser atendidos agora pola mañá, ocasionándolles un certo trastorno na súa vida laboral se teñen xornadas matutinas.

A todo isto, hai que engadir o notable incremento de poboación que teñen Cambados e as localidades veciñas durante a temporada de verán, con moitos pacientes procedentes de distintos lugares de España, Portugal e outros países europeos. Outro motivo máis para opoñerse á redución de persoal e horarios no Centro de Saúde de Cambados decidida polo Sergas.

Por todo o anteriormente exposto, proponse á Corporación Municipal de Cambados a adopción do seguinte ACORDO por parte do Pleno:

  1. Concello de Cambados dirixirase ao Servizo Galego de Saúde para que substitúa ao persoal  sanitario do Centro de Saúde de Cambados que estea en situación de baixa ou desfrutando de vacacións.
  2. Concello de Cambados dirixirase ao Servizo Galego de Saúde para que manteña o Centro de Saúde de Cambados aberto no mesmo horario e preste os mesmos servizos durante o verán co resto do ano.
  3. O Concello de Cambados iniciara unha campaña informativa cara a cidadanía para  reclamar que se manteña o Centro de Saúde de Cambados aberto no mesmo horario durante o verán co resto do ano e se manteñan os mesmos servizos.

7 comentarios sobre “Tino Cordal reclama a Xunta de Galicia que se manteña o horario de consultas e os servizos habituais no verán do Centro de Saúde de Cambados”

  1. Excellent goods from you, man. I have be mindful your stuff prior to and you are just extremely wonderful.

    I really like what you’ve bought right here, certainly
    like what you are stating and the best way in which you say it.
    You are making it entertaining and you still take care of
    to keep it smart. I cant wait to learn much more from you.
    That is actually a wonderful web site.

  2. I’m not that much of a internet reader to be honest but your blogs really nice,
    keep it up! I’ll go ahead and bookmark your site to come back later.
    Cheers

  3. This is very interesting, You’re a very skilled blogger. I’ve joined your rss feed and look forward to seeking more ofyour great post. Also, I have shared your web site in my social networks!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *