O Concello de Cambados ven de recibir a autorización de Xunta de Galicia coa ampliación de horario da hostalería

2016072823513934750O Concello de Cambados ven de recibir da Xunta de Galicia a resolución da ampliación do horario de peche dos locais de hostalería de Cambados durante a temporada de verán, esta medida que xa foi solicitada o ano anterior, nace do consenso e do froito da boa sintonía entre o concello de Cambados e a asociación de comerciantes de Cambados, Zona Centro, na que se solicita en aplicación o artigo 5.3 da Orden do 16 de xuño de 2005 (DOG nº 117) o ser considerado o concello de Cambados unha localidade turística, a tramitación por segundo ano consecutivo da ampliación de horario no período de maior afluencia de visitantes a Cambados, e que entrara en vigor a partir deste próximo fin de semana para tódolos locais de hostalería de Cambados.

Con esta solicitude pretendese apoiar a un sector tan importante para o concello de Cambados como é o da hostalería, e máis tendo en conta que Cambados este ano ostenta o galardón de Cidade Europea do Viño 2017, polo que se busca beneficiar con esta iniciativa á totalidade dos locais de hostalería de Cambados, non só as Discotecas e os Pubs do termo municipal, se non tamén a Restaurantes, Cafeterías e  Bares da Capital do Albariño, iso si, sempre e cando teñan respecto ao descanso dos veciños e veciñas de Cambados, e cumpran a normativa autonómica no tocante os horarios de peche.

Esta medida realizase por segundo ano consecutivo, grazas o bo facer e colaboración por parte deste sector o pasado ano, xa que a pesar de existir algún caso concreto que si foi sancionado, a maioría dos locais de hostalería respectaron a normativa no tocante aos horarios de peche. Por outra banda, esta medida vai ser aplicada mantendo a actual ordenanza reguladora de protección contra o medio ambiente e a contaminación acústica do concello de Cambados, polo que entendemos que aplicando da mesma xeneralizada a tódolos locais de Cambados, non debería afectar o descanso tanto dos residentes como dos visitantes da nosa vila.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *