CAMBADOS ACOLLERÁ UN SEMINARIO INTERNACIONAL SOBRE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA COA PARTICIPACIÓN DE VARIAS UNIVERSIDADES

Cambados acollerá entre o 8 e o 10 de xuño un Seminario Internacional sobre Cooperación Transfronteiriza. Este seminario contará coa presenza de profesores de varias universidades, entre elas, a Universidade Autónoma de Barcelona, a Universidade do País Vasco e a Universidade de Vigo, co-organizadoras do mesmo.
A elección de Cambados para a realización e desenvolvemento deste evento académico veu determinada pola designación de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017, galardón concedido pola Rede Europea de Cidades do Viño (RECEVIN). Precisamente, outra rede europea, a Rede Europea de Cooperación Territorial (RECOT) é outra das entidades organizadoras deste encontro universitario, impulsado por iniciativa do profesor da Universidade de Vigo e concelleiro cambadés, Tino Cordal.
O Seminario terá lugar en ExpoSalnés e nel participarán doce profesores de distintas universidades, que analizarán as experiencias europeas actuais en materia de cooperación territorial e transfronteiriza.

A Euro-rexión Galicia-Norte de Portugal centrará as intervencións dos profesores universitarios galegos e portugueses que asistirán a este seminario. Pero tamén se abordarán os avances en materia de cooperación entre o País Vasco e Cataluña co sur de Francia. Os profesores Francisco Letamendía, Igor Filibi e Antoni Durà serán os encargados de expoñer eses casos. Mentres, o profesor italiano Andrea Noferini presentará as experiencias transalpinas desenvoltas nos últimos anos.

O programa deste Seminario Internacional sobre Cooperación Transfronteiriza, titulado «Europa, a Cooperación Transfronteiriza e os Concellos. O caso de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017», será presentado a vindeira semana no concello cambadés. O día máis intenso deste encontro académico será o venres 9 de xuño, con sesións de mañá e tarde. Nesa xornada, de 5 a 7 da tarde, haberá unha mesa redonda aberta ao público na que se debaterá sobre as experiencias actuais no marco da cooperación territorial e transfronteiriza.

Este seminario non será a única actividade universitaria que acollerá Cambados este ano, posto que o Concello está a traballar ademais na organización dun ciclo de conferencias impartidas por profesores universitarios que se realizará no vindeiro outono.

A designación de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017 ten chegado tamén ao mundo académico-universitario. Nos últimos meses, houbo xa contactos con algunhas universidades interesadas en celebrar na vila cambadesa cursos, encontros ou seminarios universitarios.

11 comentarios sobre “CAMBADOS ACOLLERÁ UN SEMINARIO INTERNACIONAL SOBRE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA COA PARTICIPACIÓN DE VARIAS UNIVERSIDADES”

  1. Hello There. I found your blog the use of msn. This is a very well written article.I’ll make sure to bookmark it and come backto read extra of your helpful info. Thanks for the post.I will certainly comeback.

  2. Howdy! This post could not be written much better!Going through this post reminds me of my previous roommate!He always kept preaching about this. I most certainly will send this post to him.Fairly certain he’s going to have a very good read.Many thanks for sharing!

  3. I’m still learning from you, but I’m trying to achieve my goals. I definitely love reading everything that is written on your site.Keep the tips coming. I enjoyed it!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *