En Marea inicia na Coruña unha ronda de contacto coas tres Universidades galegas

maxresdefaultAs deputadas Luca Chao e Ánxeles Cuña iniciaron na Coruña a toma de contacto cos reitores das Universidades galegas para coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas máis urxentes

As deputadas do grupo parlamentario de En Marea, Luca Chao e Ánxeles Cuña, reuníronse co reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, no marco dunha ronda de encontros para coñecer de primeira man as necesidades e demandas das tres Universidades galegas.

Neste primeiro encontro o reitor  destacou a necesidade de dotar dunha maior autonomía por parte da Universidade no relativo a organización de titulacións e planificación docente. O investimento en I+D+I e acabar coas políticas de recortes impostas pola Xunta de Galicia nos últimos anos para lograr un incremento do orzamento que permita incorporar novos profesores universitarios para rexuvenecer as equipas docentes.

8 comentarios sobre “En Marea inicia na Coruña unha ronda de contacto coas tres Universidades galegas”

  1. I don’t think the title of your article matches the content lol. Just kidding, mainly because I had some doubts after reading the article.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *