A oficina de información ao consumidor do Concello de Cambados atenderá a partir do luns todas aquelas consultas que se susciten en relación ás cláusulas chan das hipotecas. A través desta oficina non se tramitarán as reclamaciones que os particulares queiran suscitar ao seu banco pero si se lles informará sobre como facelo, sobre a existencia ou non destas cláusulas abusivas na hipoteca e si repercutiron á hora de amortizar o préstamo.
Augúrase un aluvión de consultas a tenor do ocorrido o mércores pola noite en Exposalnés. A charla para informar sobre o escenario que abriu a sentenza do tribunal europeo en relación ás cláusulas chan soubo a pouco. O salón de actos do edificio da Calzada encheuse ata a bandeira e ao terminar as intervencións foron numerosas as persoas que preguntaron aos avogados, e ata ao concelleiro de Economía, polo seu caso particular.
Very nice post. I just stumbled upon your blog and wanted to say that I’ve really enjoyed browsing your blog posts. In any case I’ll be subscribing to your feed and I hope you write again soon!