TINO CORDAL PROMOVE A PRÁCTICA DO DEPORTE PARA AS PERSOAS MAIORES DE 65 ANOS

PLENO CONCELLO CAMBADOS /Novo “Abono 3ª Idade Mañás”, mediante o cal a matrícula será gratuíta, a mensualidade custará tan só 5 euros e haberá ademais unha actividade semanal dirixida tamén gratuíta.

O Concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, Tino Cordal, e o Representante de Aquafit Gestión, S.L., Alberto Durán, chegaron esta semana a un acordo para promover o deporte entre as persoas maiores de 65 anos nas instalacións da piscina municipal de Cambados.

Dito acordo consiste na promoción dun novo “Abono 3ª Idade Mañás”, mediante o cal a matrícula será gratuíta, a mensualidade custará tan só 5 euros e haberá ademais unha actividade semanal dirixida tamén gratuíta. Cabe lembrar que os prezos habituais da matrícula e da mensualidade son 20 e 19 euros, respectivamente.

Este “Abono 3ª Idade Mañás” dará dereito a que as persoas maiores de 65 anos que se inscriban e acollan a el poidan utilizar de xeito libre os servizos que se ofertan nas instalacións situadas na zona polideportiva do Pombal: piscina, ximnasio e spa. Este acordo para a promoción do deporte entre as persoas maiores de 65 anos durará inicialmente dous meses (febreiro e marzo), aínda que en función da demanda e da resposta recibida por parte dos potenciais destinatarios poderase prolongar durante máis meses.

Os maiores de 65 anos poderán participar ademais nunha actividade especial (piscina, tarifa plana, circuíto hidráulico do ximnasio) para dar a coñecer as instalacións e as actividades que se imparten nela. O Concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, Tino Cordal, explicou que o obxectivo fundamental deste acordo acadado con Aquafit Gestión, S.L., empresa adxudicataria das instalacións da piscina municipal cambadesa, é incentivar as prácticas saudables, o exercicio físico e o deporte entre as persoas maiores.

24 comentarios sobre “TINO CORDAL PROMOVE A PRÁCTICA DO DEPORTE PARA AS PERSOAS MAIORES DE 65 ANOS”

  1. you’re in point of fact a excellent webmaster. The site loading pace is amazing.

    It seems that you’re doing any unique trick. Furthermore, The contents are masterwork.
    you’ve performed a magnificent job in this matter!

  2. I do accept as true with all of the ideas you’ve presented in your post.
    They are really convincing and will definitely work. Still, the posts are very brief for
    starters. May you please prolong them a little from next time?
    Thank you for the post.

  3. This is very interesting, You are a very skilled blogger.
    I’ve joined your rss feed and look forward to seeking more
    of your fantastic post. Also, I have shared your site in my social networks!

  4. I’m not sure where you’re getting your information, but great topic.

    I needs to spend some time learning more or understanding
    more. Thanks for fantastic information I was looking for this info for my mission.

  5. I think this is among the most vital information for me.And i am glad reading your article. But want to remark on some general things, The web site style is great,the articles is really excellent : D. Good job, cheers

  6. At the beginning, I was still puzzled. Since I read your article, I have been very impressed. It has provided a lot of innovative ideas for my thesis related to gate.io. Thank u. But I still have some doubts, can you help me? Thanks.

  7. Pingback: yehyeh.com
  8. Pingback: Buy Guns Online

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *