En Marea celebra a proposta de que o aeroporto de Santiago pase a denominarse Rosalía de Castro

O cambio de denominación contribúe a visibilizar a relevancia do papel da muller na nosa historia e promove de xeito exemplar a igualdade dende as institucións.V27F5888.jpg

O grupo parlamentario de En Marea aplaude a decisión do concello de Santiago gobernado por Compostela Aberta de solicitar ó Ministerio de Fomento e a Aena a modificación do nome do aeroporto de Compostela para que pase a denominarse “Rosalía de Castro”.

Para En Marea esta exemplar iniciativa aprobada onte por unanimidade en sesión plenaria é un xusto e merecido recoñecemento a unha figura clave na historia da literatura galega, pero o máis importante é que contribúe a normalizar as políticas en igualdade por parte das institucións, chamando a atención sobre a importancia de visibilizar o traballo da muller en todos os ámbitos.

Dando traslado a esa petición unánime da corporación compostelá, o grupo parlamentario de En Marea no Congreso dos Deputados rexistrou esta mesma mañá unha pregunta parlamentaria e máis unha proposición non de lei dirixidas ó Ministerio de Fomento para que aprobe o cambio de denominación neste mesmo ano 2017.

2 comentarios sobre “En Marea celebra a proposta de que o aeroporto de Santiago pase a denominarse Rosalía de Castro”

  1. Pingback: 3adulterous

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *