Eva Solla: “A Xunta tiña coñecemento da previsión da incidencia da gripe e non tomou ninguna medida para que evitar que doentes maiores e enfermos pasen oito horas nos corredores”
En Marea propón que o Servizo Galego de Saúde reabra as unidades hospitalarias que mantén pechadas polos recortes para facerlle fronte á situación de colapso das Urxencias coincidente coa epidemia da gripe, pero que para a vicepresidenta da Mesa do Parlamento, Eva Solla, non é un problema estacional. “A Xunta tiña coñecemento desta previsión e non tomou ningunha medida para evitar que pacientes maiores e enfermos estean ata oito horas nos corredores”, declarou Eva Solla para quen o problema de fondo son os recortes en persoal sanitario nos centros hospitalarios galegos.
O grupo parlamentario interpelará de novo ó conselleiro de Sanidade sobre esta cuestión “para saber que medidas vai tomar e canto tempo de espera considera razoable a Xunta para que as persoas enfermas sexan atendidas debidamente”.
Bono social eléctrico
Na rolda de prensa desta mañá, o voceiro do grupo parlamentario tamén destacou as dúas propostas de En Marea para paliar o preocupante incremento das persoas en risco de exclusión social: un Plan Integral contra a Pobreza dotado con dous millóns de euros e unha relaxación das condicións para acceder ao bono social enerxético da Xunta, que ata agora só o poden solicitar os fogares que non superen os seis mil euros brutos anuais.
“A Xunta demostra ineficacia e unha total falta de visión política e de sensibilidade, poñendo continuas trabas para o acceso a este servizo das persoas que máis o necesitan, como a esixencia de cubrir instancias electrónicas ou estar ao corrente de todos os pagos coa Administración”, denunciou Luís Villares que tamén cuestionou a decisión de facer unha modificación de crédito para derivar 200 mil euros da partida do bono social do ano 2016 (máis do 30% do total de 600 mil euros) á iluminación da Cidade da Cultura.
O voceiro de En Marea tamén alertou na súa intervención dos datos publicados polo CIS o pasado 26 de decembro “que amosan un incremento do 22.55% da poboación en risco de exclusión social”. Unha realidade que non ten traslado nos Orzamentos da Xunta para o ano 2017, alleos ao incremento das desigualdades sociais e ao alarmante incremento de máis de dous puntos das persoas en situación de carencia material severa. “Dende En Marea facemos un chamamento á Xunta para que teña en conta estas variables e deixe de maquear os datos de xeito trunfalista, pois o que estamos constatando é que a falta de compromiso social do PP só dá lugar a unha redución de dereitos”, concluíu Villares.
коли закінчиться війна в україні 2022 екстрасенси скільки буде тривати війна в україні 2022 коли почалась друга світова війна
Бетмен онлайн Бетмен 1989 дивитися онлайн Фільм Бетмен (2022) дивитись онлайн
http://bitly.com/legenda-destan-vse-serii
http://bit.ly/legenda-destan-vse-serii
https://bitbin.it/xUNGaaQL/
https://t.me/holostyaktntofficial2022
Выживший
Безумный Макс
Отрочество
12 лет рабства
Человек-паук Вдали от дома
Гравитация
Игра в имитацию
Аквамен
Скажене Весiлля 2
Последний богатырь 2
Охотник на лис
Капитан Филлипс