MITIN EN OUBIÑA

CARTEL MITIN OUBIÑASOMOS CAMBADOS celebrará mañá xoves ás 21.00 horas no centro cultural de Oubiña un mitin onde os candidatos abordarán as súas problemáticas, centradas na grave crise que está padecendo o sector agrario e a alta taxa de desemprego. A asistencia aos actos celebrados ata agora nas parroquias e no mitin central, están superando as expectativas máis optimistas. No último deles, o que tivo lugar o pasado martes en Vilariño, SOMOS CAMBADOS logrou reunir a 60 veciños. Esta extraordinaria acollida danos máis forza para conseguir liderar o cambio en Cambados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.